martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

 

Hoxe 23 de ABRIL celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.É unha conmemoración a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.
O día 23 foi elixido porque corresponde ao falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega .

No JAVIER SENSAT celebramos este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".
Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole.
Gozaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se  compartiron lecturas, agasallos, debuxos...
O resultado foi moi positivo tanto por parte dos padriños/as , afillados/as e por suposto para os mestres/as