luns, 12 de decembro de 2011

FINA CASALDERREY VAINOS VISITAR

Dende a BIBLIOTECA queremos anunciar:


FINA CASALDERREY vainos visitar 
Unha obra súa, imos disfrutar
e ela de contado viranos asinar.

Alá pola primavera, cando comemoramos o Día das Letras Galegas, lembramos aos nosos autores que xa non están connosco,pero nós, dende a Biblioteca do Javier Sensat, queremos agora no inverno, celebrar que as letras galegas viven con nós todo o ano e disfrutar dunha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole ímonos achegar a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutar desas obras que asinará mais adiante con todo o agarimo.
Agardando que sexa un feito inesquecible dispoñémonos xa...para a lectura!