Hoxe Biblispín recibiu un gran agasallo de parte dunha familia de infantil do colexio, queremos agradecer esta gran doazón que todos os nenos do colexio van a disfrutar en todas as etapas.
Moitisimas grazas!!!
CEIP JAVIER SENSAT
Hoxe Biblispín recibiu un gran agasallo de parte dunha familia de infantil do colexio, queremos agradecer esta gran doazón que todos os nenos do colexio van a disfrutar en todas as etapas.
Moitisimas grazas!!!
Recreos na biblio nos que aprendemos a traballar e xogamos cos compañeiros máis maiores e pequenos.
Desfrutamos moito!!!
Este ano elaboramos un pequeno calendario coas diferentes recomendacións lectoras por meses. Clicade na imaxe para ver as recomendacións.
Bo nadal!
Ao longo da xornada de hoxe tivemos diferentes charlas falando, sobre que as persoas con discapacidades o que realmente teñen son capacidades e que ainda que sexamos diferentes todos somos iguais.
Por todas as CAPACIDADES!
Como todos os anos Biblispín coa axuda do elfo das vivendas engalanaron o cole co nadal, velaiquí unha pequena mostra do gran traballo feito.
Deixamos unha escolma das diferentes actividades levadas a cabo polos diferentes cursos, polo día do 25-N, por unha sociedade sin ningún tipo de violencia machista.
NON É NON!!
comezamos a semana traballando o 25 de novembro

Dentro do noso PDI: "Conectamos co mundo" facemos unha viaxe o pasado para ver como era a escola, libros e materiais do pasado.
Cantos contidos e que material máis díficil, os nenos quedaron abraídos coa dificultades deses libros.
Seguimos traballando no noso PDI
O pasado luns, tivo lugar unha charla sobre resolución de conflictos no salón de actos do cole.
Agradecemos as familias e mestres que viñeron a interesarse por seguir formándose en educación.
Hoxe ás nosas coordinadoras de TIC e Biblioteca, Ángeles e Carla foron a dar unha charla do funcionamento da nosa biblioteca escolar como centro creativo de aprendizaxe.
Velaiquí un breve resumo da formación.
Como xa é tradición no noso cole, Biblispín creou os seus espazos temáticos, neste caso sobre o Mes da Ciencia en galego. Haberá sorpresa de cousiñas que fan os nenos.
A maiores tamén fixo un gran picto na impresora 3D
Viva a ciencia!

Os nenos de 3º, puxeron en funcionamento un proxecto de Biblispín que resultaron ser unhas cabazas en 3D.
O proceso foi terrorífico e o resultado espectacular.
Cantas cousas máis deseñaremos na 3D?
Ao longo desta semana tivemos uns expositores cuns contos arrepiantes e espazos tenebrosos.
Así tamen Biblispín comprou diferentes contos maravillosos de terror.
Pola tarde para as familias a profe de Música, fixo un contacontos sobre o conto "A mellor sopa do mundo".
Foi un exitazo, ás familias encheron a biblio e desfrutaron o acabar dunha sesión de xogos.
Moitas grazas familias por este día das bibliotecas!!!
Hoxe que celebrase o día das Bibliotecas Escolares, queremos agradecer a visita do Conselleiro Román Rodríguez, Judith Fernández (Xefa de Innovación Educativa), César Pérez (Director territorial), Pedro Areal (Inspector do centro) e Isabel Nuevo (Asesoría de Bibliotecas).
Con isto como centro e Equipo de Biblioteca queremos agradecer esta visita como un recoñecemento a gran labor e traballo que como centro faise en prol da biblioteca.
Pero os protagonistas deste día foron os nenos e nenas de 6º que fixeron unha representación espectacular do libro"Corre, corre, cabaciña"
Estas actividades fanse sobre todo por e para os nosos alumnos e as familias, sen eles non seríamos capaces de facelo.
Agradecemos tamen os agasallos de libros que nos trouxeron, Biblispín está moi contento con eles.
Moitas grazas a todos os alumnos e os mestres do cole!!
O alumnado de Primaria estivo realizando actividades en relación ás escritoras, neste caso as galegas, polo que o que tiveron que facer foi buscar libros na biblioteca para despois facer unha búsqueda de información a través das TIC's.
Canto aprendimos!
Comezamos coas presentacións dos padriños e afillados, neste caso son os de 3º e EI 5 anos que fixeron unha actividade traballando a Competencia STEAM e unha celebración terrorífica SAMAÍN.
Clicade na imaxe para velo
Canto terror!!!
Fonte: Asesoría de bibliotecas
Este ano con motivo do día das escritoras Biblispín mezclou o Samaín co día das escritoras dando este resultado tan terrorífico.
Queremos resaltar unha frase dunha escritora Galega para conmemorar este día:
“Os sentimentos non os eliximos véñensenos, se crían como a maleza que ninguén planta e que asolaga a terra.” Emilia Pardo Bazán