mércores, 31 de marzo de 2021

venres, 12 de marzo de 2021

 

SEMANA DA PRENSA



Do día 8 ao 12 de Marzo do 2021 celebramos a Semana da prensa no Javier Sensat co Número 6 do Noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR coas noticias que elaborou cada curso

“XORNAL JAVIER SENSAT”

 Este ano a toda cor!








Non

 paran de ler!


luns, 8 de marzo de 2021

  

 

SEMANA DA PRENSA (8 /12 de Marzo)

 Do 8 ao 12 de Marzo de 2021 celebraremos a SEMANA DA PRENSA. Será necesario traballar a prensa escrita (en papel) : ver as súas seccións, manexar o xornal de papel...


Ao final,remataremos co número 6 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR.

 

Cada curso fará unha noticia no tamaño de papel asignado:

 

  •       Tema e elaboración libre.
  •      Respectamos o tamaño asignado.
  •        Xeralmente son noticias relacionadas coa nosa Comunidade      Educativa     

Data límite para entregar a noticia: MARTES 9

ENTREGA DO XORNAL aos alumnos/as: VENRES 12.

 

                             MOITAS GRAZAS


        

                    O EQUIPO DE BIBLIOTECA

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Hoxe 8 de marzo é o día da muller traballadora e dende o noso cole fixemos un percorrido polo rueiro de Vigo, buscando e indagando a vida desas mulleres. 

Velaqui temos un vídeo que explica por que celebramos este día: 







Aquí deixamos o resultado: 

















mércores, 24 de febreiro de 2021

DIA DE ROSALIA

 Hoxe 24 de febreiro é o día de Rosalía e o colexio fixolle unha pequena homenaxe, facendo o seu retrato nas portas da clase e mediante un código QR, usando as tablets indagabamos máis na súa historia. 

Pinchando nesta foto de Rosalía poderedes ver a súa vida e obra. 



Este foi o resultado: 











Noraboa a tod@s polo traballo realizado!!!!


martes, 22 de decembro de 2020

BOAS VACACIÓNS!!!

Xa rematou o primeiro trimestre con moitisimas novidades.
Fíxose moi curto!! Despídome de vos para vernos de novo no mes de Xaneiro. Moitos bicos e desfrutade lendo moito!!! BO NADAL!!

xoves, 10 de decembro de 2020

DÍA 10 DE DECEBRO: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Velaquí  a miña sorpresa: xa temos unha BIBLIOTECA INCLUSIVA!!
A temática é fundamentalmente sobre a atención á diversidade e que mellor data para inagurala que hoxe día 10 de DECEMBRO no que especialmente  lembramos que todos somos iguais.

luns, 26 de outubro de 2020

ACTIVIDADES DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante o día das bibliotecas escolares todos os nenos do cole fixemos un vagón, para crear o noso tren lector. Esperemos que vos guste!!!
Para rematar o día a nosa mascota Biblispín agasallounos cun pequeno detalle no que tiña unha frase moi fermosa: "Cada páxina é un agasallo"

mércores, 7 de outubro de 2020

A NOVA BIBLIOTECA

Aquí deixovos as fotos de como atopáronse os nen@s a biblioteca con todos os cambios e novivades. Por certo queda unha sorpresa máis desta inaguración... pero verémolo en decembro!!!!

martes, 6 de outubro de 2020

CAMBIOS NA BIBLIOTECA POR MOR DA COVID

Ola a todos, como xa sabedes este ano a BE  é moi diferente e eu Biblispín tamén tiven que facer unha serie de cambios para que no teñamos contaxios, pero como xa sabes e vos dixen, nas novas normas da biblioteca, "O COVID non vai deter nunca as nosas inquedanzas por ler".
Aquí vos deixo unhas fotos de como esta a biblio:

luns, 5 de outubro de 2020

NORMAS USO DA BIBLIOTECA

mércores, 26 de xuño de 2019

Estadística de Empréstito 2018-2019


O grupo do colexio que máis leu, foi o de 5º de Ed. Primaria. Parabéns! Quen será/n o/os que máis lean o vindeiro curso? E en galego/inglés?...


Día do Libro
Celebrámolo coa actividade de padriños e madriñas. Os maiores contáronlles un conto aos máis pequenos, que logo tiñan que ilustrar coa parte do conto ou o personaxe que máis lles gustou. Como novidade este ano, contáronse contos tamén en Inglés, xa que somos plurilingües…
Como chovía, a actividade desenvolveuse nos corredores do colexio, no patio das casiñas e no ximnasio. Foi un éxito!


Este foi o Tríptico de lecturas recomendadas para o Nadal.