mércores, 26 de xuño de 2019
Estadística de Empréstito 2018-2019
O grupo do colexio que máis leu, foi o de 5º de Ed. Primaria. Parabéns! Quen será/n o/os que máis lean o vindeiro curso? E en galego/inglés?...
Día do Libro
Celebrámolo coa actividade de padriños e madriñas. Os maiores contáronlles un conto aos máis pequenos, que logo tiñan que ilustrar coa parte do conto ou o personaxe que máis lles gustou. Como novidade este ano, contáronse contos tamén en Inglés, xa que somos plurilingües…
Como chovía, a actividade desenvolveuse nos corredores do colexio, no patio das casiñas e no ximnasio. Foi un éxito!
1º Concurso de Fotografía
Por primeira vez no colexio fixemos un concurso de fotografía.
O alumnado tiña que tomar unha foto na que saísen eles nun entorno de Nadal lendo un libro. A maiores tiñan que explicar por que se fixo esa foto nese lugar.
Valorouse a orixinalidade, a calidade da fotografía, e a explicación dada.
Houbo moita participación. Aproveitouse a ocasión para traballar contidos relacionados coa arte, expuxéronse nos corredores o que axudou tamén á decoración de Nadal no centro.
Estes foron os gañadores:
Día das Bibliotecas Escolares
Para conmemorar esta data, dende a Biblioteca do centro propúxose facer promoción dalgúns títulos dos que dispoñemos no colexio.
Parte do alumnado tiña que escoller un libro que recomendaría ler ao resto do alumnado e para iso tiña que facer un video curto que motivase aos demáis á lectura ( https://vimeo.com/user87012106 ).
Esta actividade foi relacionada co lema do colexio “un curso de película”, polo que se fixo un visionado dos mesmos para todo o colexio no salón de actos.
Aquí están algúns exemplos que podedes atopar en Vimeo.
xoves, 28 de xuño de 2018
Visita de Jorge Mira
Co gallo do ano adicado á ciencia, o día 10 de maio,
visitounos o recoñecido físico e
divulgador científico Jorge Mira.
Deu unha charla moi entretida sobre ”Os tamaños no
sistema solar” ao alumnado de 3º a 6º
de Ed. Primaria. Primeiro no salón de actos fixo unha introducción comparando os
tamaños dos planetas. Despois saímos ao patio para representalos a escala comparando
as distancias entre os mesmos, para o cal empregou distintos obxectos cotiás e
unha cinta métrica enoooorme!
Foi unha
experiencia interesante, enriquecedora e motivadora, que espertou moi probablemente a futuros/as científicos/as: físico/a, astrónomo/a...
A continuación, deixámosvos co video da charla.
A continuación, deixámosvos co video da charla.
Visita de Raquel Castro 26/04/2018
Visitounos a escritora Raquel Castro para darnos unha pequena charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre o seu libro "Bestiario doméstico".
Descubrimos a unha escritora moi cercana que nos adicou un exemplar da nosa Biblioteca.
Descubrimos a unha escritora moi cercana que nos adicou un exemplar da nosa Biblioteca.
Día do libro 2018
O 23 de abril celebramos este día dun xeito singular
e diferente ó de anos anteriores, asistindo á actuación no salón de actos do
gran Mago Marco.
Fixo dúas funcións máxicas nas que varios alumnos e
alumnas do centro, e incluso un par de mestres!, colaboraron con el no esceario
para diversos trucos. Foi unha xornada diferente e moi divertida, na que tamén
nos explicou algún truco.
A maxia
está máis presente dende entón no noso colexio…
Día de Rosalía de Castro 2018
Por
primeira vez, o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía no noso colexio,
xa que o propio día (24 de Febreiro) non era lectivo.
Cantamos
todos xuntos no patio a versión de Astarot “Adiós ríos, adiós fontes”, e despois cada curso recitou unha estrofa do
poema “Como chove miudiño”. Ambos títulos pertencentes á bibliografía de
Rosalía de Castro.
Polo Nadal participamos no concurso "Vindevideos"
Dende a Biblioteca propúxose ao alumnado participar
neste proxecto. Estaba relacionado coa volta a Vigo (dende Nova York) do
Pergamiño Vindel para a súa exposición de outubro a marzo no Museo do Mar. Exposición
que posteriormente visitamos cos nosos mestres e mestras. Ainda que o tema era
complicado, as ideas comezaron a xurdir e o que ao principio ía ser un vídeo
convertiuse en dous: “A historia do pergamiño” e “O rap do Sensat”.
Non saímos seleccionados, pero disfrutamos co
proceso de creación e aprendemos un montón sobre o Pergamiño, a súa historia, o
autor Martín Códax, e Vindel, o libreiro que o atopou forrando un libro.
Día das Bibliotecas Escolares 24/10/2017
Celebramos este ano o día das Bibliotecas Escolares baixo o título "Un libro por unha flor".
Pedíuselle aos nenos e nenas, dende os máis pequeniños atga os maiores, que deseñaran e fixeran na casa unha flor con material reciclado preferentemente. Despois expuxéronse todas as flores no patio do colexio creando un bonito e colorido xardín.
Ao longo da mañá, foi pasando pola Biblioteca todo o alumnado para recoller un libro a cambio da flor que cada quen fixo con ilusión.
Pedíuselle aos nenos e nenas, dende os máis pequeniños atga os maiores, que deseñaran e fixeran na casa unha flor con material reciclado preferentemente. Despois expuxéronse todas as flores no patio do colexio creando un bonito e colorido xardín.
Ao longo da mañá, foi pasando pola Biblioteca todo o alumnado para recoller un libro a cambio da flor que cada quen fixo con ilusión.
venres, 3 de novembro de 2017
domingo, 18 de decembro de 2016
Entrega dos carnés Meiga
Na semana do 21 ó 25 do pasado mes de novembro, tivemos o acto de entrega dos carnés do noso alumnado. Cada grupo foi pasando pola Biblioteca Biblispín e, xunto cos membros do Equipo de Biblioteca, se fixo entrega de ditos carnés. A partires de agora, o préstamo se fará a través do Programa Meiga, un sistema máis rápido e práctico.
Así foi...Mirade qué cariñas de ledicia!..
Así foi...Mirade qué cariñas de ledicia!..
venres, 4 de novembro de 2016
Día das Bibliotecas Escolares. 24 de outubro de 2016
Pediúselle aos nenos e nenas, dende os máis pequeniños ata os maiores, que elaboraran un "lapbook" cun tema relacionado co lema "Territorio das Artes" proposto para este curso dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Nel inclúense: o filme, a pintura, a literatura, a música, a arquitectura, a banda deseñada...
Ao longo da mañá, foron pasando pola Biblioteca Biblispín para ver todos os traballos dos compañeiros e compañeiras.
Este foi o resultado, mirade que estupendos traballos!
Grazas por participar!
venres, 21 de outubro de 2016
Comezamos un novo curso
Comezada xa a actividade escolar 2.016/17), a biblioteca escolar bota a andar coas primeiras actividades.
Comezada xa a actividade escolar 2.016/17), a biblioteca escolar bota a andar coas primeiras actividades.
Este ano imos viaxar para ver , vivir e descubrir moitísimas cousas ,lugares e experienzas co tema núcleo do colexio "As nosas rías"
Aquí vos deixamos o calendario da Biblioteca
mércores, 29 de xuño de 2016
BO VERÁN
A BIBLIOTECA ESCOLAR do CEIP “Javier Sensat” pechará
as portas durante o verán e BIBLISPÍN quere animádevos a ler moito e
entrar no marabilloso mundo da imaxinación
BO VERÁN A TODOS/AS
Remata
o curso escolar e as bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as
súas recomendacións de lectura para este tempo de verán con títulos para toda a
familia. Se alguén anda despistado e non sabe que ler, unha ollada a estas
"guías de lectura" e poderá acudir a bibliotecas ou librarías cun bo
feixe de recomendacións tanto de lectura como de música, cine, espazos web...
Os profesionais das bibliotecas escolares axudando a construír sociedade
lectora. Velaquí algúns exemplos:
venres, 22 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
DÍA DO LIBRO
O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira en 1995( UNESCO) coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.
Para celebrar este gran día (O celebramos o 22 no cole) fixemos coa axuda e colaboración dos nenos/as e as súas familias unha bonita exposición "O MEU LIBRO FAVORITO"cos lombos dos libros que coloraron ó londo do día nunha gran estantería,eso si feitos na casa totalmente artesáns
No JAVIER SENSAT temos a tradición de celebrar este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".
Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole disfrutaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se compartiron lecturas, agasallos,debuxos...
mércores, 6 de abril de 2016
SEMANA DA PRENSA
Do día 14 ó 18 de Marzo do 2016 celebramos a Semana da prensa no Javier Sensat co Número 5 do Noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR coas noticias que elaborou cada curso
“XORNAL JAVIER SENSAT”
Este ano a todo color!Non
paran de ler!
O día 17 contamos coa
colaboración de LUIS DAVILA
Disfrutamos moitísimo
Grazas LUIS foi unha ledicia
contar contigo
|
Luis Davila nace en Pontevedra en el año 72, pero su historia esta vinculada directamente al municipio de Bueu que es donde se desarrolla su infancia.
Se considera Morrasseiro hasta la médula espinal.
Al Morrazo le vincula todo: En el se crió, se empapó al máximo de su idiosincrasia y admira profundamente a sus gentes curtidas por la dureza del mar ...
|
Diseñador gráfico por la escuela de Artes y Oficios Pablo Picasso de A Coruña, este Buenense es el responsable de un buen número de sonrisas diarias a través de sus tiras de humor O BICHERO y O FOTOMATON en el diario Faro de Vigo.
|
martes, 16 de febreiro de 2016
ANIMACION Á LECTURA
IMOS Ó TEATRO. SÁ ÁRTICA.QUE BEN O
PASAMOS!!!
A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun
mundo racional, onde o que se debe facer é todo o que se pode facer. Pero... un
día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado a levará a
un mundo no que as súas regras non lle servirán de nada. Un mundo no que terá
que emprender unha maravillosa viaxe se quere regresar a casa.
luns, 8 de febreiro de 2016
ANIMACIÓN Á LECTURA
.
O noso Centro utiliza dende fai varios anos o “kamishibai”. E un teatriño xaponés, que favorece a expresión oral a través da narración de contos cunha técnica específica.
A utilización deste material propicia, á vez, a escritura e a expresión plástica, entre outras habilidades, esixindo ademais un traballo colaborativo entre grupos pequenos de alumnos e alumnas.
Co fin de impulsar a súa utilización este curso escolar 2015/2016 contamos coa vosa colaboración para facer pequenas funcións
venres, 5 de febreiro de 2016
ENTRODO 15/16
ENTROIDO 2015/16
Este ano o día 5 de Febreiro ímonos de viaxe para ver , vivir e descubrir moitísimas cousas,lugares e experienzas con noso tema núcleo
UNHA VOLTA AO MUNDO"
Imos a Venecia, China, México e chegamos ata o Polo, con exploradores,
pilotos azafatas… que desfile tan bonito
e cheo de color.
O JAVIER SENSAT mellora cada ano
NORABOA!!!
martes, 19 de xaneiro de 2016
NOVIDADES 2º TRIMESTRE
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
XA TEMOS AS NOVIDADES DESTE TRIMESTRE.
Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlacehttp://www.georginagarciamaurino.com/georginagm/opera.htm
Consulta libros sobre opera
Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlacehttp://www.georginagarciamaurino.com/georginagm/opera.htm
xoves, 10 de decembro de 2015
BO NADAL
O Venres 18 de Decembro celebramos no cole o noso FESTIVAL DE NADAL 2.015 .Tomaremos as uvas ,cantaremos, bailaremos...e nos divertiremos moitísimo
O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2016 e que disfrutedes moito do Nadal.
XA TEMOS AS NOVIDADES DESTE TRIMESTRE.
XA TEMOS AS NOVIDADES DESTE TRIMESTRE.
Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlace
Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlace
E
lembrade UN LIBRO É O MELLOR AGASALLO
venres, 20 de novembro de 2015
Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
O 20 de Novembro é o Día Internacional
dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. No ano 1989 aprobouse na ONU a Convención
dos dereitos dos nenos e das nenas sendo ratificada por 195 países.
Este 20 de Novembro de 2015 organizado pola Asociación ARELA , celebrouse este día cos nenos e
nenas para que coñezan os dereitos dos que son obxecto e disfruten do día como
é merecido. Polo que realizarase un Acto no CEIP Javier Sensat ( Alcabre) en
Vigo no que destaca a solta de globos que se realizará no fin da celebración
(13:00h), tras presentarlles os dereitos ós nenos dun xeito interactivo e
audiovisual dos BOLECHAS.

Este acto xirará entorno do dereito á IGUALDADE, á INTEGRACIÓN e a VIVIR EN FAMILIA, entre outros dereitos e tamén preténderase sensilibilizar e concienciar á poboación en xeral sobre a necesidade do cumprimento dos nenos e nenas e a corresponsabilidade de todo cidadán para que ese soño se faga realidade.
martes, 10 de novembro de 2015
MAGOSTO 2.015
Celebramos o MAGOSTO o MARTES 10 de Novembro.Saboreamos as quentiñas castañas, recollidas en recipientes artesáns decorados polos nenos e nenas, fixemos as fogueiras, saltámolas e a gusto.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















