O 20 de Novembro é o Día Internacional
dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. No ano 1989 aprobouse na ONU a Convención
dos dereitos dos nenos e das nenas sendo ratificada por 195 países.
Este 20 de Novembro de 2015 organizado pola Asociación ARELA , celebrouse este día cos nenos e
nenas para que coñezan os dereitos dos que son obxecto e disfruten do día como
é merecido. Polo que realizarase un Acto no CEIP Javier Sensat ( Alcabre) en
Vigo no que destaca a solta de globos que se realizará no fin da celebración
(13:00h), tras presentarlles os dereitos ós nenos dun xeito interactivo e
audiovisual dos BOLECHAS.
Este acto xirará entorno do dereito á IGUALDADE, á INTEGRACIÓN e a VIVIR EN FAMILIA, entre outros dereitos e tamén preténderase sensilibilizar e concienciar á poboación en xeral sobre a necesidade do cumprimento dos nenos e nenas e a corresponsabilidade de todo cidadán para que ese soño se faga realidade.