Co gallo do ano adicado á ciencia, o día 10 de maio,
visitounos o recoñecido físico e
divulgador científico Jorge Mira.
Deu unha charla moi entretida sobre ”Os tamaños no
sistema solar” ao alumnado de 3º a 6º
de Ed. Primaria. Primeiro no salón de actos fixo unha introducción comparando os
tamaños dos planetas. Despois saímos ao patio para representalos a escala comparando
as distancias entre os mesmos, para o cal empregou distintos obxectos cotiás e
unha cinta métrica enoooorme!
Foi unha
experiencia interesante, enriquecedora e motivadora, que espertou moi probablemente a futuros/as científicos/as: físico/a, astrónomo/a...
A continuación, deixámosvos co video da charla.
A continuación, deixámosvos co video da charla.