Dende a Biblioteca propúxose ao alumnado participar
neste proxecto. Estaba relacionado coa volta a Vigo (dende Nova York) do
Pergamiño Vindel para a súa exposición de outubro a marzo no Museo do Mar. Exposición
que posteriormente visitamos cos nosos mestres e mestras. Ainda que o tema era
complicado, as ideas comezaron a xurdir e o que ao principio ía ser un vídeo
convertiuse en dous: “A historia do pergamiño” e “O rap do Sensat”.
Non saímos seleccionados, pero disfrutamos co
proceso de creación e aprendemos un montón sobre o Pergamiño, a súa historia, o
autor Martín Códax, e Vindel, o libreiro que o atopou forrando un libro.