martes, 30 de xuño de 2026

DESPEDIMOS O CURSO

 Rematamos otro curso moi cargado de lecturas, risas, xogos e moitos momentos de aprendizaxe, ratos individuais pero moitos momentos de traballo en equipo. 

Este ano aprendimos máis o valor da biblio como un espazo de aprendizaxe e como lugar de encontro. 

Coñecimos a novos profes que nos acompañaron este curso e tócanos despedirnos de eles con moita pena e agradecerlles todo o que nos ensinaron: Ana (Inglés), Ana (A.L), María (orientadora) e Alba. A biblio é o cole sempre será a vosa casa vinde vernos de visita! 

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos como os anteriores que citamos que nos serviran para seguir crecendo. 

Lembrade este verán seguir lendo moito e lembrar que a lectura e a venta a todos os mundos que queiramos imaxinar. 



BO VERÁN!

venres, 19 de xuño de 2026

MURDOKUS

  Murdokus en 3° de Educación Primaria. Nestes últimos días de cole estamos a traballar os Murdokus (mistura entre sudokus e o xogo do cluedo)

No que mediante pistas deberán adiviñar quen é o sospeitoso, nesta ocasión traballamos os libros de Amanda Black




mércores, 17 de xuño de 2026

martes, 16 de xuño de 2026

AS NOSAS ACTIVIDADES

 Deixamosvós os enlaces das diferentes actividades en prol da comprensión e da competencia lectora levadas a cabo ao longo deste curso. 


luns, 15 de xuño de 2026

PREMIOS FARO DA ESCOLA

Estivemos presentes nos Premios Faro da Escola de FARO DE VIGO (fotos cedidas por Faro de Vigo ) onde a nosa escola gañou os seguintes premios:



Noraboa a toda a comunidade educativa pola sua labor e traballo en prol da prensa escolar.