venres, 17 de maio de 2024

MOITOS PARABÉNS!

O ano pasado coa celebración dos 50 anos aprendimos moitas cousas e coñecimos mestres que fixeron historia no noso cole. 

Hoxe cumple anos o primeiro director que tivo o centro, que pola súa idade non puido vir a festexar o aniversario do cole. 

Manuel Saborido é a parte de mestre un gran escritor e no ano 1999 publicou a súa obra "Badaladas de Lucrecia". 

Clicando na imaxe poderedes ver a noticia e como lembra o noso cole e sobre todo a súa biblioteca.

Moitos parabens Don Manuel!



xoves, 16 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS 2024

 Hoxe desfrutamos dun día de cole diferente co Festival das Letras Galegas 2024. 


Comezamos o evento cun breve repaso sobre a vida e traballo de Luisa Villalta, seguida de actuacións dos nenos e nenas do cole e rematando coa entrega de premios de contos. 

Unha gran mañá da que desfrutamos de bailes, cancións e obras de teatro todos xuntos como a gran familia Sensat que somos!

VIVAN AS NOSAS LETRAS! 

martes, 14 de maio de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIAS

Os pais de Vega, de 5 anos.. Contaron dous contos: " O coelliño branco" e " Guapa". 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!


luns, 13 de maio de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 A familia de Gael viñero a contar “Sete monstros e un gato” e logo un conto pirata! 

Repartieron pergaminos piratas para todos. 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!


venres, 10 de maio de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIA

 O papá de Luca d 3 años veunos contar a famosa fábula do perro é o lobo. 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe a mamá de Iria ( 3 anos) contou  o conto de "Topito Terremoto"

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!



CONTACONTOS DE FAMILIAS

Hoxe Isa, mamá de Iria ( 5 años) contou  2 contos" La mejor sopa del mundo" y " Ratos na escola"(conto rimado). 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!



xoves, 9 de maio de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIA

 Hoxe a Pai de Gonzalo veu contar o conto: "Mochilas", un libro sobre o acoso escolar. 

Día tras día, Lis verá como esa mochila coa que carga faise máis e máis grande. E é que hai sentimentos que pesan moito, como a tristeza, a vergoña ou o medo de explicar o que lle pasa… Atopará a maneira de baleirar todo ese peso?

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!

mércores, 8 de maio de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe viñeron a contarnos o conto de Lume; un misto que acendiase cada vez que non era quen de controlar os seus enfados ! 

Rematamos cun poema sobre o mar de teijeiro e facendo unha pulsera con motivos mariños. 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!

xoves, 2 de maio de 2024

2 DE MAIO DIA DO ACOSO ESCOLAR

 Hoxe celebrase o día contra o acoso escolar, se clicades na imaxe de abaixo veredes un video resumo do sentimento dunha victima de acoso para poñernos no seu lugar! 

No colexio hoxe a proposta do Departamento de Orientación fixemos un mural ilustrativo para conmemorar este día que como colexio ogalla algún día non o celebremos porque significará que non hai acoso nos centros nin na vida!!














Na megafonía soaron cancións contra o ACOSO ESCOLAR para concienciarnos sobre esta lacra.


POR UN MUNDO SEN PREXUICIOS!!! 

STOP ACOSO!!!! 

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe a nai de Gonzalo veu contar varios contos: Conejito blanco, La escalera y Por cuatro esquinas de nada. 

Ademáis regalounos unha casita con pegatina para todos os nenos das dúas clases de 1º. 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe a nai de Aisha veu contar o contó sobre un unicornio que quería facerse maior antes de tempo e que entraba nunha cova prohibida. 

A maiores tivemos moito baile e movemento pola nosa aula!! 

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!