venres, 29 de maio de 2026

APRENDEMOS VOCABULARIO CON TIC'S

 Os peques de Educación infantil traballaron co Bee-Bot a Semana da Froita!

Así tamén aprendemos vocabulario a través das TIC's




xoves, 28 de maio de 2026

BEA CAMPOS: NOS ENSINA A CONTAR CONTOS

 Hoxe pola tarde Bea Campos volveu o cole para ensinarnos o importante de contar contos ao longo da nosa vida. Foi unha tarde chea de bos momentos e encontros entre familias e profes. 











Moitas grazas Bea!!!!

venres, 22 de maio de 2026

BIBLIO CREATIVA E POLOS CREATIVOS

 Puzzle das Comunidades Autónomas feito en Mr Beam Lasers.











Con isto aprendemos as Comunidades Autónomas dun xeito máis ameno!

xoves, 21 de maio de 2026

BEA CAMPOS: CONTACONTOS EN FAMILIAS

Tardes distintas onde nos reunimos familias e mestres para compartir espazo e desfrutar do contacontos de Bea Campos. 



Pasámolo xenial e desfrutamos moito!

mércores, 20 de maio de 2026

FIGURAS XEOMÉTRICAS EN 3D

 Figuras xeométricas con fio. En 3° de Educación Primaria comenzamos a traballar as figuras xeométricas en 3D.


Aprendemos as diferentes figuras xeométricas a través da 3D.

domingo, 17 de maio de 2026

AS LETRAS GALEGAS NO SENSAT

 Letras Galegas! Rondalla do Sensat ,para celebrar este día todo o cole participou nunha rondalla.


Na radio estivemos grabando un podcast sobre Begoña Caamaño, que podedes escoitar ao clicar na imaxe.



Tamén entregamos os premios os gañadores do certame de relato curto 2026.

Na megafonía puxemos diferentes músicas para conmemorar esta semana das Letras.


Para acabar esta entrada queremos citar a Castelao con esta frase para conmemorar as nosas letras:

"Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro; pero de fondo, a Galicia non se lle atopa o fondo."

venres, 15 de maio de 2026

DÍA DA FAMILIA

 Día da familia en 6° de Educación infantil, polo que os alumnos de infantil fixeron unhas casiñas onde representan o seu lugar seguro.



Por outra banda Biblispín preparounos un programa de radio, onde fala dos diferentes tipos de familias, como é o conto de "Con Tango son tres" 



Quen será de poñerlle voz a este conto tan bonito?


xoves, 14 de maio de 2026

OS MAIOS DO SENSAT

Os Maios . Para conmemorar as Letras Galegas os nen@s de educación infantil e primaria fixeron e decoraron un maio con follas, flores e fiuncho.


O noso maior legado a nosa tradición!

mércores, 13 de maio de 2026

COSEMOS E CREAMOS

 Para poder levar a cabo a nosa Rondalla, os alumnos do 3º ciclo axudados pola nosa dire Maribel, estivemos cosendo e creando as diferentes capas que luciremos o venres no desfile. 

Pola tarde do martes os mestres estiveron tamén traballando e facendo as súas capas. 


Oxala non chova e o tempo nos acompañe, xa que traballamos moito!!! 

xoves, 7 de maio de 2026

BIBLIO CREATIVA CON PAOLA GUIMERANS

 Obradoiro para 5° e 6° de Educación Primaria na bibliocreativa con crearon unha historia con personaxes e_ textiles


Grazas Paula, fantástico Obradoiro!

martes, 5 de maio de 2026

COMEZAMOS CO HORTO ESCOLAR

 Posta en marcha da horta do Sensat! Os nenos de 3° sementaron na horta leitugas e cebolas.


A volta da fin de semana comprobarán canto medraron!

luns, 4 de maio de 2026

OS NOSOS PAIS CONTAN

As familias contan! O alumnado de 4° de Educación Infantil tivo unha sesión de contacontos "El pez arcoiris" por unha nai dun neno da aula.


Maravilloso!

domingo, 3 de maio de 2026

OS NOSOS PAIS CONTAN

 As familias contan! O alumnado de 6° de educación infantil nunha sesión de contacontos por unha familia da aula.




sábado, 2 de maio de 2026

2 DE MAIO DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar o día contra o acoso escolar fixemos unha  cadea humana contra o acoso escolar e o ciberacoso.


Por outra parte nos pasillos puxemos diferentes libros de lectura para que nas horas de ler titores e alumnos concienciense un pouco máis sobre este tema.


Para reflexionar sobre o acoso deixamos este vídeo dunha serie que esta moi de actualidade para poder pensar que esta situación moitas veces está nas pequenas cousas.


Na megafonía soaron cancións contra o acoso.


Por un mundo sin acoso escolar!!!