BIBLISPÍN prepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa a carta aos Reis Magos. Ata xaneiro!!
xoves, 15 de decembro de 2011
BO NADAL
BIBLISPÍN prepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa a carta aos Reis Magos. Ata xaneiro!!
luns, 12 de decembro de 2011
FINA CASALDERREY VAINOS VISITAR
Dende a BIBLIOTECA queremos anunciar:
FINA CASALDERREY vainos visitar
Unha obra súa, imos disfrutar
e ela de contado viranos asinar.
Alá pola primavera, cando comemoramos o Día das Letras Galegas, lembramos aos nosos autores que xa non están connosco,pero nós, dende a Biblioteca do Javier Sensat, queremos agora no inverno, celebrar que as letras galegas viven con nós todo o ano e disfrutar dunha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole ímonos achegar a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutar desas obras que asinará mais adiante con todo o agarimo.
Agardando que sexa un feito inesquecible dispoñémonos xa...para a lectura!
mércores, 23 de novembro de 2011
PREPARADOS,LISTOS, XA!!
BIBLISPÍN e os nenos e nenas de segundo curso de Primaria están list@s para amosarnos as actividades deportivas que temos preparadas...
QUERES AVENTURA,PRACTICA LECTURA!!
QUERES AVENTURA,PRACTICA LECTURA!!
luns, 7 de novembro de 2011
24 DE OUTUBRO;"DÍA DAS BIBLIOTECAS"
O 24 de Outubro do 2011 celebramos o día das Bibliotecas no CEIP"Javier Sensat" coa FEIRA DO LIBRO ANTIGO: UN LIBRO UN AGASALLO
Cada neno/a elixiu o libro que mais lle gustou e a cambio escribiu o que suxeríalle un libro, a lectura ou a Biblioteca. Así fixemos un grandísimo panel coas opinións de todos os rapaces/as que podedes ver e ler no PATIO DAS CASIÑAS.
"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro" Emily Dickinson |
"Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca"José L.Borges |
"A Lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren" Francis de Croisset |
¿Queres aventura? ¡Practica lectura! |
xoves, 13 de outubro de 2011
OLA A TODOS E TODAS!
Aquí estamos de novo, con moita ilusión e coa intención de irvos mostrando todo o que vaia sucedendo na nosa Biblioteca.
Horario de tarde: de 16:30 a 17:30 agás os martes.
ATA PRONTO!
Horario de tarde: de 16:30 a 17:30 agás os martes.
ATA PRONTO!
xoves, 8 de setembro de 2011
BIBLIOTECA ESCOLAR”BIBLIPLANET” CURSO 2.011/2012
Xa estamos de volta no cole.Comezamos un novo curso escolar cheo de sorpresas e novidades .Os profesores/as poñemos todo a punto para que as clases empecen o día 12,este ano co tema:
"O DEPORTE É SAÚDE”
BENVIDOS/AS!
"O DEPORTE É SAÚDE”
BENVIDOS/AS!
venres, 17 de xuño de 2011
GRAZAS ANXO!
Disfrutamos moitísimo!!
Cando os nenos/as viron cómo debuxaba Anxo comezaron de súpeto a aplaudir
Acompañounos durante dous días e despertou moito agarimo
Aprendimos a debuxar personaxes contentos, tristes, enfurecidos...
mércores, 1 de xuño de 2011
ANXO FARIÑA
Os días 9 e 10 de Xuño para rematar o trimestre adicado Ó CÓMIC contaremos en noso cole CEIP"JAVIER SENSAT" coa presencia de ANXO FARIÑA
ANXO FARIÑA TEMPRANO, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
ANXO FARIÑA TEMPRANO, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais.
venres, 6 de maio de 2011
O CÓMIC
"Mortadelo e Filemón" e "Asterix e Obelix"
O terceiro trimestre estará adicado ao Cómic.Durante este ano escolar, foi polo momento o xénero literio máis lido,especialmente:
xoves, 5 de maio de 2011
Recursos didácticos para o Día das Letras Galegas
Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL poñen á nosa disposición un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.
Nel, atoparedes unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca. Hai recursos para as etapas de educación infantil e primaria, tamén clasificadas por ciclos.
TEATRO NA SEMANA DO LIBRO
O Venres 15 de abril E.Infantil de 5 anos presentou para todos vos a obra de teatro:
"TODO É UN CONTO"
mércores, 27 de abril de 2011
TODOS SOMOS CONTACONTOS
Todos somos CONTACONTOS: nenos/as pequenos, maiores e medianos. Profesores e profesoras , pais e nais.
Unha experiencia para compartir e recordar!
Uxía López (1ºPrimaria) e Uxía Segovia(2º Primaria) Unhas lectoras de primera cos alumnos/as de 5º
A profe FINA ,con moitísima graza desvelou "O SEGREDO DE FLORA" os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria
Fixeron unha actividade na que expresaron cómo sentiron o conto
Temos unha futura contacontos: LUCÍA de 3 anos deixou abraiados os de 6º de Primaria cos "TRES CERDITOS"
LIA de 5º de Primaria vestida de "ENANO SALTARÍN" maravillou os nenos/as de 1ºPrimaria
FEDERICO O pai de Telmo contou moitos contos, cantou cancións e fixo maxia cos nenos/as de 4 anos
martes, 26 de abril de 2011
martes, 19 de abril de 2011
El Quijote interactivo
|
xoves, 14 de abril de 2011
Gústame ler por...
Este trimestre preguntamos os nenos e nenas porqué lles gustaba ler.
Estas son algunhas respostas
DIMA 3º PRIMARIA |
PEDRO 1º PRIMARIA |
JIMENA 1ºPRIMARIA |
DANI 1ºPRIMARIA |
XAVI 1º PRIMARIA |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)