Como xa é tradición no Sensaat fixemos o xa tradicional apadriñamento no patio escolar ademáis o tempo acompañou polo que a actividade foi precioso.
Por máis días do libro!!!
Como xa é tradición no Sensaat fixemos o xa tradicional apadriñamento no patio escolar ademáis o tempo acompañou polo que a actividade foi precioso.
Por máis días do libro!!!
Portadas de contos! Comezan a chegar as primeras portadas de contos! Serás quen de recoñecer algunas?
Anímate a participar!!!
O alumnado de 2° de educación primaria recibiu a visita da nai dun dos seis compañeros que lles foi a ler un libro. Mes de abril... lectura con familias!
O primeiro gol desde a bancada! Sumamonos a iniciativa de Faro de Vigo para apoiar ao RCCelta para o partido de Europaleague.
Ala Celta!!!
O alumnado de 6° de Educación infantil compartiu un conto cun pai dun dos seis compañeros.
Moitas grazas!!!
Club de lectura en 3° de Educación Primaria para traballar o libro de Erica Esmoris:
"Esta é a miña historia e teras que crela"
Compartimos no club o traballo de lectura feito ao longo do 2° trimestre.
Seguiremos xuntándonos!!!
Hoxe pola tarde o profe Juanma fixo unha búsqueda do tesouro na biblio do cole, as imaxes falan por si soas para ver o éxito que tivo.
Os alumnos conseguiron resolver o enigma e pasarono xenial.
Moitas grazas familias por vir e participar das actividades da biblio!!!
O alumnado do primeiro ciclo tivo un encontro co autor Versosdauga para falar do libro "A abelliña que perdeu as ás" de Edicions Xerais de Galicia
O alumnado ambientaron a biblioteca con decoración basada no libro
Encontros literarios 2026
Encontro da escritora Eva Mejuto co alumnado de 3° e 4° de E.P. co libro "Queco e Kika"
Os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron o seu primeiro podcast na radio do cole sobre o conto da toupiña que quixo saber quen lle fixerá aquilo na cabeza.
Clicade na imaxe para escoitar esta maravilla
O resultado foi impresionante!
O alumnado de 5 anos recibiu a visita da nai dun dos seis compañeros que é hematóloga e que lles explicou como é o seu traballo con motivo do 8M
O alumnado de 4° e 6° de educación primaria recibiron a visita dunha nai adicada a enxeñeria dunha industria farmacéutica con motivo do mes adicado ao 8M
Hoxe a nai de Iris e Alma viñeron a contarnos a súa profesión como odontologas. Estivemos moi atentos e aprendimos moito en relación a profesión dental.
Moitas grazas!!!
Dentro do noso PDI: Conectamos co mundo!, facemos un obradoiro de Regueifas con Pinto e Herbón do Concello de Vigo.
Grazas profe Rebeca pola tarde tan musical e animosa que fixeches onte onde pais e nenos desfrutaron moito.
Moitas grazas con ganas do seguinte!!
O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
A autora do cartel do Día do Cómic 2026 foi Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025.
O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano pasado unha publicación para celebrar esta data: Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas.
O alumnado do cole estivemos traballando sobre a prensa ao longo de esta semana e comezamos a practicar sobre o faro da escola e escribimos na súa plantilla.
A prensa informanos día a día!!!
Para celebrar o 8-M os nenos e nenas do cole estiveron facendo un mural de bolboretas para visibilizar ás liberdades da muller.
Tamén no patio cuberto de infantil fixemos unha exposicións das mulleres máis influintes galegas e castelás cos fermosos carteis feitos pola diseñadora Mans de Ouro.
Por último e como é costume dentro do proxecto "As bandas sonoras do Sensat" na megafonía soaron cancións reivindicativas de mulleres.
Por un 8M en liberdade da muller.
O outro dia o alumnado de 5º y 6º subiron a universidade para seguir coa súa aprendizaxe a través de contacho as matemáticas.
Aprendemos mates e reforzamos conceptos a través das TIC's aproveitando os grandes espazos verdes que ten o noso centro.
Onte co profe Juanma estivemos aprendendo como funciona a Radio para comezar a preparar diferentes programas de radio.
Sentironse moitos nervios e tensión entre o alumnado pero todos o fixeron fantástico.
Viva a radio do Sensat!!!
Os nenos de infantil están comezando a traballar as poesías con diferentes contos e mirade que creacións tan marabillosas están realizando.
Por un curso de poesía!!!
Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro, fixemolo no patio cantando e recitando o poema "Airiños da miña terra" acompñadas polos músicos do cole Juanma, Jose, Rebeca e Belén.
Despois os alumnos de infantil estiveron escoitando algúns cotiños contados polas mestras sobre Rosalía de Castro
Viva Rosalía de Castro
Durante esta semana o xoves pola tarde tivemos un obradoiro de facer mascaras de entroido, no que viñeron ás familias.
Foi unha tarde diferente na biblio na que aproveitamos tamen para leer diferentes contos sobre o entroido.
BO ENTROIDO!
A edición deste ano ten como temática os nesgos de xénero en Intelixencia Artificial. A IA non é neutral: aprende dos datos que recibe e, cando estes reflicten desigualdades sociais, especialmente de xénero, os algoritmos reprodúcenas e mesmo as amplifican. Os nesgos poden xurdir en distintas fases do desenvolvemento da IA: nos datos de adestramento, nas etiquetas aplicadas por persoas, no deseño do modelo e na falta de diversidade nos equipos que o crean.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Imaxe da ilustradora Ame Soler
Fonte: Asesoría Biblitoecas Escolares
Hoxe pola tarde tivo lugar coa mestra Carla un obradoiro pola paz, fixeron pulseiras, pombas conductoras con LED.
Foi unha tarde marabillosa na que fixemos varias manualidades pola paz.
Grazas as familias por vir a este obradoiro.
Hoxe Biblispín recibiu un gran agasallo de parte dunha familia de infantil do colexio, queremos agradecer esta gran doazón que todos os nenos do colexio van a disfrutar en todas as etapas.
Moitisimas grazas!!!
Recreos na biblio nos que aprendemos a traballar e xogamos cos compañeiros máis maiores e pequenos.
Desfrutamos moito!!!