
O lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/27 convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indaguen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento.
Un camiño que comeza e remata na biblioteca escolar, na que conviven diferentes fontes e distintas estratexias de busca, na que atopamos recursos variados que nos permiten transformar a información en coñecemento, na que se integra a cultura impresa e a cultura dixital.
Nestes tempos nos que a desinformación condiciona o noso rumbo a biblioteca escolar ten a obriga de visibilizar o seu papel na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.
Rena Ortega representa no cartaz deste curso ese camiño que ela percorre cada vez que escribe e ilustra as súas obras. Chama a traballar coa información, a mirar fóra, a percorrer o camiño do coñecemento, a facerse preguntas e buscar respostas, a interesarse polo mundo que nos rodea.
Un camiño de aprendizaxe compartida no que a biblioteca escolar ofrece diferentes recursos que acompañaran o proceso de traballo coa información, tanto na busca como na avaliación crítica, no tratamento e no compartir o aprendido.
Na páxina das bibliotecas escolares hai un apartado dedicado a ALFIN/AMI que conta con moita información de interese pra informarse e inspirarse á hora de desenvolver actividades neste camiño da información ó coñecemento.
Boa andaina!
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpeg)
.jpg)
.jpg)





.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)





.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)