Gracias Rosa por transmitir ao noso alumnado o entusiasmo e o esforzo polo deporte.
xoves, 7 de abril de 2022
sábado, 2 de abril de 2022
venres, 25 de marzo de 2022
martes, 22 de marzo de 2022
COMO ACTIVIDADE FINAL...
Durante este segundo trimestre o alumnado de Educación Infantil deulle a palabra a unha gran poetisa e escritora:
DONA ROSALIA DE CASTRO
A través de diferentes actividades como na semana da prensa foron traballando a esta importante escritora:
E hoxe marcharon a ver a casa de Rosalía como colofón final da actividade, velaiquí a saída de hoxe do cole:
luns, 21 de marzo de 2022
SEMANAS DO CÓMIC
Durante o mes de marzo celebramos varias semanas do cómic para que os nosos alumnos se adentraran un pouco máis neste tipo de lectura e foi:
TODO UN ÉXITO
sábado, 19 de marzo de 2022
O NOSO RECUNCHO MAKER
A nosa nova biblioteca tenta de ser un espacio de aprendizaxe maker con multiples espazos de aprendizaxe a maiores de ir a ler libros. Nas horas de apoio de infantil en pequenos grupos os alumnos aprenden a través de:
- MESAS DE LUZ
- LEGOS
- PANTALLA DIXITAL
- FIGURAS IMANTADAS
xoves, 17 de marzo de 2022
DESCUBRIMOS...
Dentro do proxecto do cole "50 anos a carón do mar" onte poidemos ver como son as balsas de salvamento.
Hoxe, todos os alumnos/as do cole vivenciaron como se dispara unha balsa salvavidas de 4 persoas.
En cuestións de segundos apareceu unha "casiña" para poder salvar a vida aos mariñeiros dos barcos, cunha bolsa chea de materiais para facilitar a súa supervivencia ata ser rescatados.
Dentro había remos, cordas, botiquín, bengalas, foguetes, comida, auga, luces, reflectantes, chifres, mantas térmicas
venres, 11 de marzo de 2022
xoves, 10 de marzo de 2022
martes, 8 de marzo de 2022
POR TODAS AS MULLERES! 8-M
xoves, 3 de marzo de 2022
VISITA DE ANA MEILÁN
Como o prometido era débeda, como anunciamos noutras entradas do blogue inauguramos oficialmente a biblio co contacontos de:
ANA MEILÁN
Todos os cursos do cole escoitaron os contos que habían traballado previamente.
Por outra banda o alumnado de 5º e 6º que traballaron o conto "O que a serea esqueceu", fixeron unha capsula do tempo, que en uns anos volverán ao cole para abrila e ver que do que puxeron cumpliuse.
Velaiquí unhas fotos do ben co pasamos!
Gracias Ana, pola túa agradable compañía e por transmitirnos ese pequeno recuncho onde están os teus contos.
mércores, 23 de febreiro de 2022
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para conmemorar unha gran autora dende o colexio fixemos uns marcapaxinas cun poema sobre ela, velaiquí o resultado:
Lembrarvos a todos que dende este ano pasouse o día de Rosalia de Castro do 24 de febreiro ao 23.
Destacar esta frase de Rosalía que mellor define o seu caracter de poetisa:
"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino"
BIBLISPÍN MANDADEIRO
O XOVES LEVAREMOS:
martes, 22 de febreiro de 2022
BIBLISPÍN MANDADEIRO
O MÉRCORES LEVAREMOS:
luns, 21 de febreiro de 2022
DESPOIS DE DOUS ANOS...
Despois de dous anos todos os nenos do cole estamos moi inquedos, farannos un contacontos a escritora Ana Meilán, que ademáis será quen de inaugurar a nosa nova biblio.
Mentres a esperamos estamos traballando todos os libros que ela ten adaptados aos diferentes cursos. Aquí deixamosvos unhas fotos deses libros.
BIBLISPÍN MANDADEIRO
O MARTES LEVAREMOS:
venres, 18 de febreiro de 2022
BIBLISPÍN MANDADEIRO
O LUNS LEVAREMOS:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO #sementedepensamentos
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Para a edición de 2022 Beatriz Maceda Abeleira foi a escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.
..."Alimentamos a realidade do noso País a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensármonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos. E esta é a forza que atopamos en Rosalía de Castro: recoñecérmonos como pobo forte, unido na nosa lingua...."
Se clicades na imaxe podedes escoitar un poema de Rosalía de Castro por Luz Casal e Carlos Núñez
FONTE: AELG
xoves, 17 de febreiro de 2022
NOVIDADES
Aquí deixámosvos as últimas novidades que viñeron a nosa biblioteca. Estas de aqui son sobre Rosalía de Castro que como xa sabedes celebrase o 23 de Febreiro.
Por outra banda temos estes dous grandes libros sobre historia, que son para investigar dunha maneira más divertida e visual. Deixamosvos un vídeo para que vexades como é o libro por dentro e tamén para completar a aprendizaxe,
Animádesvos a leelo?
martes, 15 de febreiro de 2022
CHARLA SOBRE DISCRIMINACIÓN
A Biblioteca Escolar deulle hoxe a palabra ... A CRUZ VERMELLA, que viñeron para que todos os nenos do cole souperamos que é a discriminación e que debemos facer para tratar de erradicala.
domingo, 13 de febreiro de 2022
DIA MUNDIAL DA RADIO 2022
Hoxe 13 de febreiro celebrase o Día Mundial da Radio, o noso centro durante todo este curso utilizamos a megafonía do cole a modo de radio para felicitar os aniversarios de todos os membros da comunidade educativa.
Isto é soamente un pequeno paso, quen sabe se nos vindeiros anos animámosnos a facer un programa de radio do cole.... Sabedes algún nome para poñerlle a citada radio!
Os nosos alumnos esperan ansiosos escoitar o seu nome no día do seu aniversario.
Velaiquí deixamosvos como son as felicitacións no noso cole... Clicade na imaxe!!!
Por outra parte deixámosvos unha das primeiras locucións de radio que houbo en España, esta foi en radio Barcelona por Maria Sabater, data do ano 1924.
Escoitade clicando na imaxe.
venres, 11 de febreiro de 2022
CHARLA SOBRE AS ADICCIÓNS
A Biblioteca Escolar deulle hoxe a palabra ... A ERGUETE, unha asociación viguesa que loita pola prevención das drogas.
Hoxe foi un dos primeiros días na que os alumnos de 6º aprendimos moitas cousas sobre as adicións e volverán para a semana para continuar.
11-F: Día da muller e a nena na ciencia
Hoxe celebrase en todo o mundo o día do muller e a nena na ciencia que estableceuse no ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía,
A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
xoves, 3 de febreiro de 2022
MARÍA P. ARAÚJO
Hoxe a biblioteca escolar eo equipo de CONVIVE-Tderona palabra a María P. Araújo, pero a súa axenda profesional non lle permitiu vir ao cole a destapar a súa chapa na pista do colexio.
Na súa representación viñeron compañeiras súas de baloncesto entre as que está a nosa compañeira e mestra de ARCO Sabela, fixéronnos unha demostración de baloncesto para todos os membros da Comunidade Educativa.

.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpeg)



.jpeg)
