xoves, 17 de marzo de 2022

DESCUBRIMOS...

Dentro do proxecto do cole "50 anos a carón do mar" onte poidemos ver  como son as balsas de salvamento.

 Hoxe, todos os alumnos/as do cole vivenciaron como se dispara unha balsa salvavidas de 4 persoas.

 En cuestións de segundos apareceu unha "casiña" para poder salvar a vida aos mariñeiros dos barcos, cunha bolsa chea de materiais para facilitar a súa supervivencia ata ser rescatados.

Dentro había remos, cordas, botiquín, bengalas, foguetes, comida, auga, luces, reflectantes, chifres, mantas térmicas


E a petición da rapazada,  abrimos un bote de fume!!!


Foi unha gran experiencia e gustóunos moito!