xoves, 16 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS 2024

 Hoxe desfrutamos dun día de cole diferente co Festival das Letras Galegas 2024. 


Comezamos o evento cun breve repaso sobre a vida e traballo de Luisa Villalta, seguida de actuacións dos nenos e nenas do cole e rematando coa entrega de premios de contos. 

Unha gran mañá da que desfrutamos de bailes, cancións e obras de teatro todos xuntos como a gran familia Sensat que somos!



Tamen os alumnos de 6º fixeron unha investigación sobre Luisa Villalta 

E na megafonía durante todo o mes soarán cancións homenaxeando as nosas letras


VIVAN AS NOSAS LETRAS!