Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.
Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.
E outras nas aliñas dun gran de area.
Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.
E, de cando en vez, incluso nas dos avións.
Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.
Quizais unha historia fantástica?
Ou prefires unha historia triste? De medo?
Unha para rir ás gargalladas?
E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.
Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado.
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES