A mañá do venres, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de acudir a unha interesante charla na Biblioteca da escola, relacionada coa Axencia Tributaria.
Beatriz falounos dos motivos polos que é necesario pagar impostos e o fixo dunha forma moi adecuada para a idade dos nenos e nenas, empregando moitos exemplos que facían moi sinxelo entender como sería un páis no que non existisen.
Ligado a isto, tamén se fixo fincapé na importancia de coidar as cousas que son de todos, como a nosa escola, a vía pública e todos estes beneficios comúns dos que gozamos.
Esperamos repetir esta interesante charlo o ano que ven!!!