domingo, 26 de novembro de 2023

EXPOSITOR DO MES DA CIENCIA

 O 1 de novembro na última planta do cole Biblispín fixo un laboratorio creativo, para conmemorar o mes da ciencia en galego. 

Nel puxo diferentes tubos de decantación e materiais de laboratorio que había no cole cando existía o ciclo superior da EXB e usábanse estes materiais. 

Hai diferentes libros do apartado 5 da CDU que abrangue todo o relativo as Ciencias. Trouxo diferentes libros de textos nos que fai un repaso dende a EXB ata actualidade como as ciencias eran: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Coñecemento do medio... 

Os alumnos de sexto para decoralo estiveron investigando sobre diferentes mulleres científicas e o expuseron na biblioteca do cole. Fixeron uns traballos impresionantes como pódese ver nas fotos.

Velaiquí o resultado foi un mes fantástico sobre todo un mes moi científico!!!!!