Hoxe, 31 de maio de 2022, desenvolveuse no salón de actos do colexio unha charla sobre "Que deben saber os pais/nais sobre as drogas" patrocinado polo Concello de Vigo dentro do seu PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICIÓNS, e incluído no programa MÁIS QUE UN TEITO. Non podemos esquecer, tamén, a colaboración de ÉRGUETE.
A psicóloga, Lucía Simón, tentou mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñemos pais/nais e mestres/as, e sobre todo mellorar as actitudes preventivas, que está claro que é a clave do éxito. Debemos ensinar a decidir, educar a persoas que non necesitan sustancias para divertirse, evadirse e relaxarse, promover condutas saudables onde non lles compensa consumir e aprender a auto regularse e pór límites, facendo moito fincapé na resistencia á presión de grupo e acadar unha boa autoestima nos nosos/as fillos/as ou alumnos/as.
Agradecemos a presencia dos pais/nais que acudiron ao colexio para interesarse sobre o tema.
Déixamosvos unha mostra do que se tratou na charla.
FONTE: PÁXINA WEB DO COLE