xoves, 16 de decembro de 2021

SUSANA RODRÍGUEZ

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE déronlle a palabra a campiona paralímpica: 

SUSANA RODRÍGUEZ GACIO 

Tivemos a gran sorte de que Susana viñera a inaugurar a súa pista, isto esta englobado no contrato programa CONVIVE no que as diferentes pistas do colexio levan o nome de deportistas galegas femininas. 

Primeiro tivemos unha charla para os alumnos de 4º, 5º e 6º explicándonos que é o albinismo, como son os seu adestramentos diarios para conseguer os seus obxectivos e tivemos a gran sorte de que nos trouxo a súa medalla de ouro. 

                          

A continuación na Pista sur do colexio inagurou a súa placa que agora chámase: 

 Pista Susana Rodríguez

Por útlimo pasou polas clases dos máis pequenos para ensinarlles a súa medalla olímpica. 


Antes de marchar asinounos o libro de visitas da nósa biblioteca deixándonos unha agarimosa adicatoria


Destacar que esta visita non sería posible sen a axuda da nósa profe Rosa, que coñece moi ben a Susana e invitouna a vir o cal agradecémoslle moito. 

Grazas Susana pola túa visita e as túas ensinanzas foi un auténtico placer.