Celebramos o MAGOSTO o MARTES 11 de Novembro.Saboreamos as quentiñas castañas, recollidas en recipientes artesáns decorados polos nenos e nenas ,fixemos as fogueiras, saltámolas e enfarruscámonos a gusto.
A palabra Magosto, ademais doutros
significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda
Galicia,organizada en torno á recollida das, castañas.
Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.
RECEITAS CON CASTAÑAS
CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
Ingredientes:
Leite
Azucre
Mel
Preparación:
1º Móndanse as castañas.
2º Póñense a cocer en auga con sal e fiuncho.
3º Quítaselles a 2ª pel.
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .
5º Sirvense quentes e acompañadAS do mel do pais.
Ingredientes:
400grs de fariña de trigo
6 ovos
300grs de azucre
2 culleradas de azucre
2 culleradas de levadura
raiadura de limón
Preparación:
Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la
fariña coa
levadura. Despois agregar as moídas e mezclar todo ben. Untar
un
molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante
30
minutos a 150º.