Magosto 13/14 No CEIP
"JAVIER SENSAT"
MARTES día 12 de Novembro
A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia,
organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén
para probar o primeiro viñonovo.
O magosto realizábase o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben
en Ourense,
por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en
calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro,
converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos
alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
O
magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a
primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias
fogueiras con paus e frouma para conseguir
brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun
rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que
as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos
achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ousinalar)
as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha
enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os
participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os
máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e
adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da
fogueira.
Refráns
·
As castañas do castiñeiro hainas
que asar no asadeiro.
·
Castañas, noces e viño fan a
ledicia de san Martiño.
·
Fíate nas castañas asadas, que se
estoupan sairanche á cara.
·
Por san Martiño faise o magosto
con castañas asadas e mosto.
·
Se o mes de agosto vén claro, bo
magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
O magosto na literatura de autor
·
Francisco Añón Paz:
"O magosto"
·
Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
·
Florentino Cuevillas:
"O outono en Galicia", en Prosas
galegas, Galaxia, Vigo 1982: