Ao longo desta semana tivemos uns expositores cuns contos arrepiantes e espazos tenebrosos.
Así tamen Biblispín comprou diferentes contos maravillosos de terror.
Ao longo desta semana tivemos uns expositores cuns contos arrepiantes e espazos tenebrosos.
Así tamen Biblispín comprou diferentes contos maravillosos de terror.
Pola tarde para as familias a profe de Música, fixo un contacontos sobre o conto "A mellor sopa do mundo".
Foi un exitazo, ás familias encheron a biblio e desfrutaron o acabar dunha sesión de xogos.
Moitas grazas familias por este día das bibliotecas!!!
Hoxe que celebrase o día das Bibliotecas Escolares, queremos agradecer a visita do Conselleiro Román Rodríguez, Judith Fernández (Xefa de Innovación Educativa), César Pérez (Director territorial), Pedro Areal (Inspector do centro) e Isabel Nuevo (Asesoría de Bibliotecas).
Con isto como centro e Equipo de Biblioteca queremos agradecer esta visita como un recoñecemento a gran labor e traballo que como centro faise en prol da biblioteca.
Pero os protagonistas deste día foron os nenos e nenas de 6º que fixeron unha representación espectacular do libro"Corre, corre, cabaciña"
Estas actividades fanse sobre todo por e para os nosos alumnos e as familias, sen eles non seríamos capaces de facelo.
Agradecemos tamen os agasallos de libros que nos trouxeron, Biblispín está moi contento con eles.
Moitas grazas a todos os alumnos e os mestres do cole!!
O alumnado de Primaria estivo realizando actividades en relación ás escritoras, neste caso as galegas, polo que o que tiveron que facer foi buscar libros na biblioteca para despois facer unha búsqueda de información a través das TIC's.
Canto aprendimos!
Comezamos coas presentacións dos padriños e afillados, neste caso son os de 3º e EI 5 anos que fixeron unha actividade traballando a Competencia STEAM e unha celebración terrorífica SAMAÍN.
Clicade na imaxe para velo
Canto terror!!!
Fonte: Asesoría de bibliotecas
Este ano con motivo do día das escritoras Biblispín mezclou o Samaín co día das escritoras dando este resultado tan terrorífico.
Queremos resaltar unha frase dunha escritora Galega para conmemorar este día:
“Os sentimentos non os eliximos véñensenos, se crían como a maleza que ninguén planta e que asolaga a terra.” Emilia Pardo Bazán
Previa a celebración do mes da ciencia, dentro de esta están as Ciencias da Natureza e por ende os animais.
Polo que coñecemos a forma de vida de diferentes insectos,anfibios e reptiles grazas a Carlos que nos trouxo ao cole uns exemplares e explicounos algunhas curiosidades sobre eles.
Foi unha experiencia animalítica, canto aprendimos!!!!

Ao longo deste mes de outubro Biblispín fixo os terroríficos expositores de Halloween/Samaín. Velaiquí están os expositores de medo que fixo.
Vai ser un mes de moito medo!!!
Ao longo do mes de setembro tivemos as formacións de usuarios, para profes, familias e alumnado. Con isto queremos que a comunidade educativa coñeza as normas de funcionamiento da biblio e os usos que teñen ao longo do curso escolar.
Imos a por este curso cheo de lecturas!!!
Biblispín a finais do curso pasado e principios deste antes de empezar o curso fixo unha serie de cambios na biblioteca, o primeiro foi facer un expurgo de libros que despois pasarán o piso dos maiores para que formen a súa biblioteca de aula.
Por outra banda a maiores seguindo as recomendacións da Asesoría de Bibliotecas fixemos unha unificación dos lectores intermedios e superiores. Agora están xuntos e nas vindeiras semanas os alumnos coñecerano a medida que facemos as formacións usuarios.
Melloramos a biblioteca día a día!!!
Con motivo do inicio de curso Biblispín comezou a decorar os corredores con diferentes temáticas para que a lectura chegase a todos os recunchos do centro.
Montou o expositor do PDI do cole, que este ano é "CONECTAMOS CO MUNDO" que xa o temos na entrada da escola.
VAI SER UN ANO DE MOITA LECTURA!!!!!!!!
Biblispín quere darvos a benvida a este novo curso que vai ser de MOITOS e NOVOS APRENDIZAXES.
Estades preparados para todo o que vos agarda!
Comezamos!!!
Este curso que finaliza despedimos con moita mágoa a nosa compañeira e amiga Marta gran precursora da nosa biblioteca.
Cabe destacar que foi a creadora de este blogue que os demáis mestres continuamos con moito agarimo pero sen ela non existiría.
Finaliza a súa etapa como mestra e agora despois de trinta e cinco anos tócalle descansar e facer todas esas cousas que tanto lle gustan.
Desfruta moito de esta nova etapa imoste botar de menos!!!!
Rematamos otro curso moi cargado de lecturas, risas, xogos e moitos momentos de aprendizaxe, ratos individuais pero moitos momentos de traballo en equipo.
Este ano aprendimos máis o valor da biblio como un espazo de aprendizaxe e como lugar de encontro.
Coñecimos a novos profes que nos acompañaron este curso e tócanos despedirnos de eles con moita pena e agradecerlles todo o que nos ensinaron: Adrián, Ana (A.L), Noemí e Bea. A biblio é o cole sempre será a vosa casa vinde vernos de visita!
O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos como os anteriores que citamos que nos serviran para seguir crecendo.
Lembrade este verán seguir lendo moito e lembrar que a lectura e a venta a todos os mundos que queiramos imaxinar.
BO VERÁN!
O alumnado de 2º de E.P realizou un proxecto de medición de temperatura integrando a robótica e as matemáticas para desenvolver un prototipo intelixente capaz de tomar datos ambientais.
Traballo competencial da matemáticas a través de diferentes xogos nas aulas e na biblioteca do centro.
Proxecto de matemáticas do alumnado de 2º de Educación Primaria integrando o robot Photon desenvolvemos unha cidade intelixente con elementos interactivos.
O alumnado de 2º de Educación Primaria mediu a humidade da terra do horto empregando as placas Microbit.
Dentro do noso PDI de centro Sentes Galicia, o alumnado de 2ºA fixo un concurso con todos os nenos do cole chamado "Coñeces as nosas verbas?
E ti as coñeces?
Quinto e sexto participaron na XV edición das Xornadas Municipais de Teatro escolar organizado polo Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Teatro.
Non se pode escribir as dúas marabillas que levaron a cabo o alumnado de 5º e 6º, polo que vos deixamos estos vídeos que o explican perfectamente!
Traballamos no horto analizando a súa área e o perimetro para saber cantas leitugas podemos sementar.
O alumnado de 2º de Educación Primaria desde a área de matemáticas realizou un traballo competencial de analise de datos da contorna de Alcabre empregando a cortadora láser de Polos Creativos tendo como produto final un videomaping.
Como todos os anos o EDLG xunto coa biblioteca fixo o seu concurso de relato curto en Galego este ano tivo moita participación como pódese ver nas fotos.
O ano que ven máis. Boas lecturas e escrituras!!!
Como todos os anos o noso cole engalanouse para levar a cabo o xa tradicional festival das letras galegas no salón de actos.
Fixemos unhas pandereitas na impresora 3D de homenaxe.
Foi un día de moita lingua.
Adíouse o Teatro Migallas para o luns 2 de xuño, por mor do apagamento do 28 de abril de 2025.
Coa chegada do mes de Maio o mércores dende o cole e en relación co PDI do centro levamos a cabo un maio.
Os alumnos de Infantil, 1º e 2º foron cos seus pais ao monte a buscar xestas, fiunchos, flores, para poder levar a cabo o maio.
O resultado foi espectacular e para rematar cantamos unha canción de Rosalía para animar mentres facemos o maio.