... contan historias que nos queramos imaxinar, historias a través das imaxes...
A ilustración ábrenos moitas portas a imaxinación.
... contan historias que nos queramos imaxinar, historias a través das imaxes...
A ilustración ábrenos moitas portas a imaxinación.
Está facendo ilustracións sobre o libro de Emilia Pardo Bazán, quedan fantásticas...
QUE NERVIOS QUE CHEGUEN A ILUSTRADORA!!!
Desde hoxe todos os libros que teñan o icono que aparece na imaxe levaran un audio ao final.
Dentro do blogue no apartado de audio libros tendes todos ao escanear o código QR.
Os alumnos de 3 anos están felices coas súas novas mochilas que lles mandou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia onde leván os seus libros de préstamo.
Van cargadiños de mundos marabillosos!!!
Preparamos un pequeno recuncho para os nosos nenos que comezan a ler con moitas MAIÚSCULAS...
Todo listo para comezar!!!!
O equipo de Convive, Igual-T e a Biblio organizaron unha charla con Discamino, na que aprendimos moitas cousas sobre as discapacidades.
Moitas grazas por visitarnos e moito ánimo cos vosos próximos camiños a Santiago nas vosas fantásticas bicicletas.
... cun xogo de cartas chamado "Piratatak" aprendendo a xogar en equipos fomentando a cohesión de grupo.
O obxectivo do xogo e facer un barco da cor correspondente fixemonos uns autenticos grumetes.
O alumnado de 4º neste trimestre está a traballar os libros da ilustradora Bea Gregores:
O alumnado de de Infantil comeza traballando os continentes con África...
Que sorpresas nos deparará este continente, que animais, que costumes...?
Velaiquí unha mostra do que os Papa Noel deixou no noso cole temos moitas de ganas de comezar a xogar!!!

Despois das badaladas recibimos a especial visita de Papa Noel e o seu Elfo que deunos uns agasallos que trouxo dende o Polo Norte e que fíxonos moitísima ilusión.
Quedamos encantados e moi pendentes da súa chegada o día 24 ás nosas casas.
Os alumnos de 6º como axudantes de Biblio foron quen de abrir os agasallos que trouxo .
Que teñades todos un feliz e Bo Nadal, bicos picóns!!!
Antes da festa de fin de ano os alumnos de 6º coa profe Rebeca interpretaron unha panxoliña con diferentes instrumentos de vento e percusión.
Os alumnos de 5º fixeron un baile en Hip - Hop que practicaron durante as horas de E.F co profe Miguel xunto con Deporte Escolar.
Para rematar antes de dar comezo as badaladas todos os alumnos do colexio interpretaron en Inglés unha panxoliña dirixida pola profe Nuria.
Que ben o pasamos e canto cantamos.
A volta das vacacións algo acontecerá co libro que veredes a continuación.
Biblispín recomendavós que fagades unha lectura sobre él no que se conta a vida e obra dunha grandisima escritora da nosa literatura.
Onte os alumnos de 4º explicaron a todo o colexio a historia de superación de Jessica Cox, unha piloto de avión ao que lle faltan as extremidades e aínda así para ela:
Non hai ningún tipo de fronteiras para conseguir todo o que se propoña.
Aprendimos moito e comprendimos que todo e posible con interés e tesón.
Os alumnos de 5º en colaboración con Deporte Escolar, o seu profe Miguel, Rebeca e Biblispín tiveron unhas sesións de baile de Hip-Hop.
Foi toda unha experiencia na que aprendimos moito sobre esta forma de bailar.