Este curso o noso tema núcleo de traballo é maravilloso e moi suxerente:
venres, 11 de abril de 2014
xoves, 6 de marzo de 2014
SEMANA DA PRENSA
XORNAL"JAVIER SENSAT"
martes, 4 de marzo de 2014
8 DE MARZO:DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.mércores, 19 de febreiro de 2014
ENTROIDO 2.013/14
O Entroido no "JAVIER SENSAT"
Este ano O Entroido no cole prentendeu coñecer as diferentes Festas da nosa Comunidade Autónoma: GALICIA
ARDE LUCUS/ FESTA VIKINGA DE CATOIRA/A BRINCADEIRA/OS MAIOS /FESTAS DE BOUZAS/FESTA DA ISTOIRA/ A RECONQUISTA DE VIGO.
O PRÓXIMO VENRES 28
EN FESTAS!!!xoves, 23 de xaneiro de 2014
DÍA DA PAZ
Estes días dialogamos especialmente sobre o tema e ambientamos o colexio. Este
curso 2013/14 baixo o título PAZ…ATEMPOS inventaremos unha morea de xogos e pasatempos ,quebracabezas,xeroglíficos ,sopa
de letras…sobre a PAZ
O Xoves 30 cantaremos todos xuntos no patio a canción “CELEBRA A VIDA” de Axel e Bustamente e faremos un
gran puzle coa palabra PAZ
mércores, 15 de xaneiro de 2014
2.014!!!UN ANO NOVO
Comezamos
con moitas ganas un novo ano cheo de novidades.
Rematamos O NADAL,aínda que nós estamos EN FESTAS!!!
Rematamos O NADAL,aínda que nós estamos EN FESTAS!!!
Vos esperamos
mércores, 18 de decembro de 2013
O vindeiro Venres 20 de Decembro celebraremos o noso FESTIVAL DE NADAL coas actuacións de todos os cursos do colexio dende E.Infantil ata sexto A e B de Educación Primaria.
Estades todos invitados a ver este incrible e orixinal Festival (Ver horarios)

O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2014 e que disfrutedes moito do Nadal.
Estades todos invitados a ver este incrible e orixinal Festival (Ver horarios)

O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2014 e que disfrutedes moito do Nadal.
BIBLISPÍNprepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa
a carta aos Reis Magos.
Non esquezades pedirlles
moitos libros!!!
venres, 13 de decembro de 2013
xoves, 12 de decembro de 2013
INFORME PISA
El pasado 3 de diciembre se presentó el Informe PISA en 65 países, incluido España. La prueba evalúa las competencias de los alumnos de 15 años en matemáticas, lectura y ciencias. El Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) ha preparado una página web:
http://www.mecd.gob.es/inee/Ultimos_informes/PISA-2012.html
en la que se puede encontrar:
- Informe español del INEE sobre PISA así como estudios de grupos de investigación de universidades españolas.
- Análisis gráficos en los que se resume las principales conclusiones de este estudio (EducaINEE).
- Nota sobre los resultados de España elaborada por la OCDE.
- Power Point empleado por la Secretaria de Estado en su presentación y el video de la rueda de prensa ofrecida por ella misma y por Pablo Zoido, analista principal de PISA de la OCDE.
- Muchas de las preguntas empleadas en la prueba de PISA de matemáticas, lectura y ciencias. Como os hemos comentado en varias ocasiones, creemos que este material es realmente útil para que los profesores lo puedan utilizar en las aulas con sus alumnos. Son preguntas elaboradas por expertos de todo el mundo, corregidas y codificadas: http://recursostic.educacion.es/inee/pisa/.
PUBLICADO EN RECURSOS TIC PARA BIBLIOTECAS:JORGE PEDROSA
domingo, 1 de decembro de 2013
OBRAS NA BIBLIOTECA
Informámoslles que a BIBLIOTECA ESCOLAR permanecerá PECHADA dende o LUNS día 2 de decembro ata o Xoves día 5 (ambos días incluídos) por obras que permitirán a súa mellora
Desculpen as molestias
Moitas grazas
xoves, 7 de novembro de 2013
Magosto 13/14 No CEIP
"JAVIER SENSAT"
MARTES día 12 de Novembro
A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia,
organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén
para probar o primeiro viñonovo.
O magosto realizábase o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben
en Ourense,
por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en
calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro,
converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos
alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
O
magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a
primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias
fogueiras con paus e frouma para conseguir
brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun
rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que
as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos
achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ousinalar)
as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha
enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os
participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os
máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e
adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da
fogueira.

Refráns
·
As castañas do castiñeiro hainas
que asar no asadeiro.
·
Castañas, noces e viño fan a
ledicia de san Martiño.
·
Fíate nas castañas asadas, que se
estoupan sairanche á cara.
·
Por san Martiño faise o magosto
con castañas asadas e mosto.
·
Se o mes de agosto vén claro, bo
magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
O magosto na literatura de autor
·
Francisco Añón Paz:
"O magosto"
·
Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
·
Florentino Cuevillas:
"O outono en Galicia", en Prosas
galegas, Galaxia, Vigo 1982:
mércores, 30 de outubro de 2013
SAMAIN
Hoxe no salón de actos para celebrar o samain os alumnos/as
do cole fixeron lectura colectiva de diferentes obras relacionadas con esta
celebración, fixeron
As voces dos diferentes personaxes
COMO LEN!!
Lecturas temáticas;
Corre ,corre Cabaciña(Videoconto)
Samaín de Clara de Saá
Os barbanzóns:(A noite de Samaín)(Cómic) de Pepe Carreiro
Os Bolechas van á festa dos Calacús de Pepe Carreiroxoves, 24 de outubro de 2013
A Conselle
ría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
mércores, 2 de outubro de 2013
DIA DA BIBLIOTECA
Este curso 2.013/14
o tema núcleo será “EN FESTAS!”.
Para comezar este tema a PRIMEIRA FESTA será A da BIBLIOTECA .
Queremos facer, para
celebrar este día, unha Exposición
luns, 23 de setembro de 2013
Proxecto“kamishibai”
.
O noso Centro utiliza dende fai varios anos o “kamishibai”. E un teatriño xaponés, que favorece a expresión oral a través da narración de contos cunha técnica específica.
A utilización deste material propicia, á vez, a escritura e a expresión plástica, entre outras habilidades, esixindo ademais un traballo colaborativo entre grupos pequenos de alumnos e alumnas.
xoves, 12 de setembro de 2013
EN FESTAS!
Xa estamos de
volta!! Comezada xa a
actividade escolar (2.013/14), a biblioteca bota a andar coas primeiras actividades. Este ano o noso tema é maravilloso e moi
suxerente:
EN
FESTAS! 
luns, 9 de setembro de 2013
martes, 25 de xuño de 2013
LENDAS EN FAMILIA
“LENDAS
EN FAMILIA”
Xa
está na Biblioteca o marabilloso libro de lendas que entre todos os nenos/as do
cole e as súas familias fixéchedes posible.
Moitas
grazas
20 DE XUÑO DO 2013: PREMIOS BIBLIOTECA (3ª TRIMESTRE)
Premios
da BIBLIOTECA ESCOLAR do derradeiro trimestre
O director xunto co Equipo da Biblioteca fixo
entrega dos premios ao mellor lector deste 3ºtrimestre:
O 1º premio ao mellor lector
individual foi para Marta Trigo Vidal de EI 4 anos pola súa constancia,e interese pola lectura
1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 1º Primaria
mércores, 22 de maio de 2013
TEATRO INTERCENTROS
O NOSO COLEXIO PARTICIPA NAS IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR
O CEIP "Javier Sensat", participa coa veteranía de xa moitos anos
de participación, con dúas maravillosas representacións.

"A LENDA DO RÍO DO ESQUECEMENTO".
2º de PRIMARIA
"O COELLIÑO BRANCO"
1º de PRIMARIA
Nesta ocasión, pecharemos as xornadas, o xoves 21 no Auditorio do Concello de Vigo.
O CEIP "Javier Sensat", participa coa veteranía de xa moitos anos
de participación, con dúas maravillosas representacións.

"A LENDA DO RÍO DO ESQUECEMENTO".
2º de PRIMARIA
"O COELLIÑO BRANCO"1º de PRIMARIA
Nesta ocasión, pecharemos as xornadas, o xoves 21 no Auditorio do Concello de Vigo.
martes, 23 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de ABRIL celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.É unha conmemoración a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura.
No JAVIER SENSAT celebramos este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".
Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole.
Gozaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se compartiron lecturas, agasallos, debuxos...
O resultado foi moi positivo tanto por parte dos padriños/as , afillados/as e por suposto para os mestres/as
domingo, 14 de abril de 2013
venres, 5 de abril de 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002), fue un escritor y actor de teatro español al que se le dedicará el Día das Letras Galegas del año 2013.
Nacido en Santiago de Compostela, se inició en el mundo teatral de la mano del grupo Antroido, en el cual representó como actor sus primeras obras. Con Antroido acudió a las Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), muestras en las que se dio a conocer como dramaturgo y escénografo (con el pseudónimo de Julia Brens). Vidal Bolaño fue uno de los mayores artífices de la profesionalización del teatro gallego. Debido al despido en 1977 del banco en el que trabajaba, este dramaturgo se vio en la obligación de convertir el Grupo Antroido en la primera compañía teatral gallega. También fue uno de los primeros directores que participaron del teatro institucional, poniendo en escena (en colaboración con el Centro Dramático Galego) en 1984 su obra Agasallo de sombras. Cultivó, además de la dramaturgia, las artes audiovisuales, haciendo guiones para la Televisión de Galicia y para Televisión Española. Trabajos como Malos Tratos, Novo de Parmiude o Morosos Varios son de su autoría. Llevó a la pantalla relatos de grandes escritores gallegos del siglo XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) y Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e incluso participó como actor en varias series televisivas de prestigio, como Mareas vivas.
En el año 2001, representó con el Centro Dramático Gallego Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribió en 1958. Sus últimas actuaciones fueron en el grupo "Teatro do aquí", su compañía de los últimos años. Vidal Bolaño falleció en el año 2002, en su Compostela natal víctima de un cáncer de pulmón.
venres, 22 de marzo de 2013
PREMIOS MELLOR LECTOR
O venres día 15 conmemorando a Semana da Prensa. O noso director xunto co Equipo da Biblioteca fixo entrega dos premios ao mellor lector deste 2ºtrimestre:
1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 2º Primaria NORABOA A TOD@S!!! e ánimo para o seguinte trimestre
SEMANA DA PRENSA
Do 11 ao 15 de Marzo do 2013 celebramos a SEMANA DA PRENSA co número2 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR
“XORNAL JAVIER SENSAT”
xoves, 7 de marzo de 2013
Día da muller traballadora
Queres saber porqué o día 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA?(pincha aquí)

luns, 4 de febreiro de 2013
ENTROIDO 2013
RECURSOS PARA O ENTROIDO
Na páxina da CGENDL está disponible o monográfico Entroido 2013,que contén:
- Recursos educativos: Unidades didácticas, propostas de actividades, receitas...
- Unha estupenda colección de plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear...
- Literatura relacionada con este tema... http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/
mércores, 30 de xaneiro de 2013
MARÍA MENÉNDEZ-PONTE NA BIBLIOTECA DO SENSAT
Cóntoche que María Menéndez-Ponte está a maior parte do tempo nos biosbardos. Si, si como o oes, desde cativa, en canto se descoidaba, o seu cerebro empezaba a idear historias,números de circo e unha chea de aventuras.Pero esa imaxinación serviulle para escribir libros marabillosos.
Hai pouco recibiu o premio Cervantes Chico, un dos máis importantes da literatura infantil
Hai pouco recibiu o premio Cervantes Chico, un dos máis importantes da literatura infantil
mércores, 23 de xaneiro de 2013
COPLAS POLA PAZ
Día Escolar da Paz e a Non Violencia, en memoria de Mahatma Gandhi.Estes
días dialogamos especialmente sobre o tema,
ambientamos o noso colexio,aprendemos cancións…
Este ano para
celebra r o día da PAZ os
nenos/as do Javier Sensat cantarán en vivo e en directo unhas bonitas coplas
que se traballarán nas aulas ao longo deste mes. Coplas pola PAZ que nos
axudarán a reflexionar a maneira de ser mellores persoas e facer un mundo
mellor para tod@s (Celebración:día 31 de XANEIRO).
luns, 21 de xaneiro de 2013
FINA CASALDERREY ACADÉMICA ELECTA DA RAG
FINA CASALDERREY
O curso pasado visitounos unha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole achegamonos a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutamos moitísimo coa súa presenza.
Fina Casalderrey(Pontevedra 1951) será a primeira autora de literatura infantil e xuvenil(LIX) que terá cadeira na Real Academia Galega.
Hoxe celebramos o seu ingreso na REAL ACADEMIA GALEGA(RAG).
NORABOA FINA. Estamos orgullosos de coñecerte!!!
martes, 15 de xaneiro de 2013
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un calendario para este ano 2013 con datas importantes, aniversarios,conmemoracións...relacionadas co mundo do libro e da lectura
xoves, 10 de xaneiro de 2013
COMEZA 2.013
Comezamos con moitas ganas un novo ano, 2013 cheo de novidades.
Seguimos a traballar o noso tema: "LENDAS...HABELAS, HAINAS!!!"con novas propostas moi interesantes.Vos esperamos
venres, 21 de decembro de 2012
BO NADAL
Non esquezades o noso
slogan: Queres aventura???Practica Lectura!!!
BO NADAL E AGARIMOSO 2.013
mércores, 19 de decembro de 2012
ANIMACIÓN Á LECTURA PARA E.INFANTIL
CONTOS E CANTOS DO BARDO ABELARDO
O bardo Abelardo coñece as historias da fraga encantada e de todos os seres máxicos que nela habitan. Grazas ao tempo e dedicación conseguirá descifrar as misteriosas linguaxes dos seus habitantes e a máis tenra e misteriosa de todas elas, que é a linguaxe do corazon. Todo isto traducido nos contos en cantos de bardo Abelardo.
O bardo Abelardo coñece as historias da fraga encantada e de todos os seres máxicos que nela habitan. Grazas ao tempo e dedicación conseguirá descifrar as misteriosas linguaxes dos seus habitantes e a máis tenra e misteriosa de todas elas, que é a linguaxe do corazon. Todo isto traducido nos contos en cantos de bardo Abelardo.
![]() |
| O BARDO ABERLARDO NA BIBLIOTECA |
ENTREGA DE PREMIOS BIBLIOTECA
O mercóres día 19, as 10:50. O noso director xunto co Equipo da Biblioteca fixo entrega dos premios ao mellor lector deste trimestre:
O 1º premio ao mellor lector individual foi para Miguel Gutiérrez Pahino de EI 5 anos
1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 5ºB
NORABOA A TOD@S!!! e ánimo para o seguinte trimestre
O 1º premio ao mellor lector individual foi para Miguel Gutiérrez Pahino de EI 5 anos
1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 5ºB
NORABOA A TOD@S!!! e ánimo para o seguinte trimestre
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







