luns, 9 de xuño de 2014

EN FESTAS!!!
Foi o tema núcleo de traballo durante todo este curso escolar 2013/14 que xa está chegando a seu fin ,aínda que seguimos en Festas coa mais entrañable de todas a FESTA FIN DE CURSO  ,co paso dos pequenos de Educación Infantil de 5 anos á etapa de E.Primaria e coa Graduación e despedida dos nosos queridos alumnos/as de 6ºA y B .

A BIBLIOTECA ESCOLAR pechará as portas durante o verán e BIBLISPÍN  quere animádevos a ler moito e entrar no marabilloso mundo da imaxinación
MOITA SORTE A TODOS/AS

mércores, 14 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS(17 de Maio)

   Para celebrar o Día das
LETRAS  GALEGAS, dedicado este ano a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:
  • 15 de abril as 11:30 teremos a actuación do grupo TROULA
  • 16 de Abril as 12:15 FESTIVAL do CEIP “Javier Sensat”

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira en  1995( UNESCO) e coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. 


DÍA DO LIBRO NO JAVIER SENSAT
Todos xuntos expresamos  as sensacións do noso libro  

venres, 11 de abril de 2014

FESTA DA BRINCADEIRA

Este curso  o noso tema núcleo de traballo  é maravilloso e moi suxerente:
EN FESTAS! 
No barrio vigués de BOUZAS trasládanse ao pasado para rememorar a época do MEDIEVOsábado 12 e domingo 13 de abril celebramos a FESTA DA BRINCADEIRA.

xoves, 6 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Do 10 ao 14 de Marzo do 2014 celebramos a SEMANA DA PRENSA co número 3 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR coas noticias que elaborará cada curso.
Entrega do xornal: Venres 15 de Marzo

 XORNAL"JAVIER SENSAT" 

martes, 4 de marzo de 2014

8 DE MARZO:DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

mércores, 19 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2.013/14

            O Entroido no "JAVIER SENSAT"

Este ano O Entroido no cole prentendeu coñecer as diferentes Festas da nosa Comunidade Autónoma: GALICIA
ARDE LUCUS/ FESTA VIKINGA DE CATOIRA/A BRINCADEIRA/OS MAIOS /FESTAS DE BOUZAS/FESTA DA ISTOIRA/ A RECONQUISTA DE VIGO.
O PRÓXIMO VENRES 28 
EN FESTAS!!!

xoves, 23 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ


 
“””””””PAZ...…ATEMPOS”“”””””O vindeiro xoves 30 de Xaneiro celébrase 
o Día Escolar da Paz e a Non Violencia,
en memoria de Mahatma Gandhi.
Estes días dialogamos especialmente sobre o tema e ambientamos o colexio. Este curso 2013/14 baixo o título PAZ…ATEMPOS inventaremos unha morea de xogos e pasatempos ,quebracabezas,xeroglíficos ,sopa de letras…sobre a PAZ
O Xoves 30 cantaremos todos xuntos no patio a canción “CELEBRA A VIDA” de Axel e Bustamente e faremos un gran puzle coa palabra PAZ

mércores, 15 de xaneiro de 2014

2.014!!!UN ANO NOVO

Comezamos con moitas ganas  un novo ano cheo de novidades.
Rematamos O NADAL,aínda que nós estamos  EN FESTAS!!!
Vos esperamos
Seguimos a traballar  o noso tema:As nosas festas, con novas propostas moi interesantes.

mércores, 18 de decembro de 2013

O vindeiro Venres 20 de Decembro celebraremos o noso FESTIVAL DE NADAL coas actuacións de todos os cursos do colexio dende E.Infantil ata sexto A e B de Educación Primaria.
Estades todos invitados a ver este incrible e orixinal Festival (Ver horarios)


O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2014 e que disfrutedes moito do Nadal.


BIBLISPÍNprepárase para as vacacións. Traballou moito no colexio e non parou de ler libros cheos de aventuras marabillosas.Agora prepara xa a carta aos Reis Magos. 
Non esquezades pedirlles moitos libros!!! 

venres, 13 de decembro de 2013


Despois da reforma
( Feita por un auténtico profesional :o noso conserxe LINO) este é , o novo aspecto da BIBLIOTECA.
Unha marabilla!!!

xoves, 12 de decembro de 2013

INFORME PISA

El pasado 3 de diciembre se presentó el Informe PISA en 65 países, incluido España. La prueba evalúa las competencias de los alumnos de 15 años en matemáticas, lectura y ciencias. El Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) ha preparado una página web:

 http://www.mecd.gob.es/inee/Ultimos_informes/PISA-2012.html 

en la que se puede encontrar:
  • Informe español del INEE sobre PISA así como estudios de grupos de investigación de universidades españolas.
  • Análisis gráficos en los que se resume las principales conclusiones de este estudio (EducaINEE).
  • Nota sobre los resultados de España elaborada por la OCDE.
  • Power Point empleado por la Secretaria de Estado en su presentación y el video de la rueda de prensa ofrecida por ella misma y por Pablo Zoido, analista principal de PISA de la OCDE.
  • Muchas de las preguntas empleadas en la prueba de PISA de matemáticas, lectura y ciencias. Como os hemos comentado en varias ocasiones, creemos que este material es realmente útil para que los profesores lo puedan utilizar en las aulas con sus alumnos. Son preguntas elaboradas por expertos de todo el mundo, corregidas y codificadas:               http://recursostic.educacion.es/inee/pisa/.
                   PUBLICADO EN RECURSOS TIC PARA BIBLIOTECAS:JORGE PEDROSA

domingo, 1 de decembro de 2013

OBRAS NA BIBLIOTECA


 

Informámoslles que a BIBLIOTECA ESCOLAR permanecerá PECHADA dende o LUNS día 2 de decembro ata o Xoves día 5 (ambos días incluídos) por obras que permitirán a súa mellora
                                                            
Desculpen as molestias

Moitas grazas 

xoves, 7 de novembro de 2013

Magosto 13/14 No CEIP "JAVIER SENSAT"

MARTES día 12 de Novembro

A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.
O magosto realizábase o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ousinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
Refráns
·         As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
·         Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
·         Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
·         Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
·         Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

O magosto na literatura de autor

·         Francisco Añón Paz: "O magosto"
·         Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
·         Florentino Cuevillas: "O outono en Galicia", en Prosas galegas, Galaxia, Vigo 1982: