domingo, 30 de novembro de 2025

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Os padriños e madriñas cos seus afillados, estiveron facendo diferentes experimentos para conmemorar o mes da ciencia en galego. 


Velaiquí un pequeno resumo

mércores, 26 de novembro de 2025

25N: NON É NON

 Deixamos unha escolma das diferentes actividades levadas a cabo polos diferentes cursos, polo día do 25-N, por unha sociedade sin ningún tipo de violencia machista. 


NON É NON!!


luns, 24 de novembro de 2025

25N: NON É NON

 comezamos a semana traballando o 25 de novembro 





e NA MEGAFONÍA SOARAN CANCIÓNS SOBRE O 25-N



por un mundo sin violencia sobre a muller!!!!

venres, 14 de novembro de 2025

CONECTAMOS CO PASADO

 Dentro do noso PDI: "Conectamos co mundo" facemos unha viaxe o pasado para ver como era a escola, libros e materiais do pasado. 



















Cantos contidos e que material máis díficil, os nenos quedaron abraídos coa dificultades deses libros. 



Seguimos traballando no noso PDI

luns, 10 de novembro de 2025

CHARLA SOBRE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

 O pasado luns, tivo lugar unha charla sobre resolución de conflictos no salón de actos do cole.


Agradecemos as familias e mestres que viñeron a interesarse por seguir formándose en educación. 

xoves, 6 de novembro de 2025

FORMACIÓN A OUTRAS BIBLITOECAS ESCOLARES

 Hoxe ás nosas coordinadoras de TIC e Biblioteca, Ángeles e Carla foron a dar unha charla do funcionamento da nosa biblioteca escolar como centro creativo de aprendizaxe. 








Velaiquí un breve resumo da formación. 

martes, 4 de novembro de 2025

OS EXPOSITORES DO MES DA CIENCIA

 Como xa é tradición no noso cole, Biblispín creou os seus espazos temáticos, neste caso sobre o Mes da Ciencia en galego. Haberá sorpresa de cousiñas que fan os nenos.
















A maiores tamén fixo un gran picto na impresora 3D


Viva a ciencia!



luns, 3 de novembro de 2025

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

 

 
 
"Para que a transformación requirida avance con solidez, o coñecemento
debe chegar a todos os niveis da sociedade. É esencial fortalecer a súa
transferencia ao tecido produtivo para que se traduza en valor engadido
para Galicia. Pero non só: cómpre reforzar a transferencia social do
coñecemento a través da divulgación, da cultura científica e da ciencia
cidadá, conectando a investigación coas necesidades reais da cidadanía
e fomentando unha sociedade máis informada, crítica e participativa.

As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como
espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e
aprendizaxe permanente.A súa transformación dixital e social facilita que
o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas
participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir
aprendendo, cuestionando e creando". 
 
Concepción Paz Penín 
 
 
 
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo. Actualmente dirixe o Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos nesa universidade. No ano 2023 recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.
 
 
O manifesto para este ano 2025 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

sábado, 1 de novembro de 2025

CABAZAS 3DRÍFICAS

  Os nenos de 3º, puxeron en funcionamento un proxecto de Biblispín que resultaron ser unhas cabazas en 3D. 

O proceso foi terrorífico e o resultado espectacular. 










Cantas cousas máis deseñaremos na 3D?