venres, 27 de febreiro de 2026

FORMÁNDONOS NA RADIO ESCOLAR

  Onte co profe Juanma estivemos aprendendo como funciona a Radio para comezar a preparar diferentes programas de radio. 

Sentironse moitos nervios e tensión entre o alumnado pero todos o fixeron fantástico.


Viva a radio do Sensat!!!

mércores, 25 de febreiro de 2026

POESÍAS

Os nenos de infantil están comezando a traballar as poesías con diferentes contos e mirade que creacións tan marabillosas están realizando. 


Por un curso de poesía!!!  

martes, 24 de febreiro de 2026

23-F: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro, fixemolo no patio cantando e recitando o poema "Airiños da miña terra" acompñadas polos músicos do cole Juanma, Jose, Rebeca e Belén. 









Despois os alumnos de infantil estiveron escoitando algúns cotiños contados polas mestras sobre Rosalía de Castro




Viva Rosalía de Castro

sábado, 14 de febreiro de 2026

xoves, 12 de febreiro de 2026

OBRADOIRO ENTROIDO

Durante esta semana o xoves pola tarde tivemos un obradoiro de facer mascaras de entroido, no que viñeron ás familias. 

Foi unha tarde diferente na biblio na que aproveitamos tamen para leer diferentes contos sobre o entroido.  


BO ENTROIDO!

mércores, 11 de febreiro de 2026

11-F: MULLER E A NENA NA CIENCIA NO SENSAT

 

11-F MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

                                                       

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

A edición deste ano  ten como temática os nesgos de xénero en Intelixencia Artificial.  A IA non é neutral: aprende dos datos que recibe e, cando estes reflicten desigualdades sociais, especialmente de xénero, os algoritmos reprodúcenas e mesmo as amplifican. Os nesgos poden xurdir en distintas fases do desenvolvemento da IA: nos datos de adestramento, nas etiquetas aplicadas por persoas, no deseño do modelo e na falta de diversidade nos equipos que o crean.

Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.

Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

Imaxe da ilustradora Ame Soler

Fonte: Asesoría Biblitoecas Escolares