Onte co profe Juanma estivemos aprendendo como funciona a Radio para comezar a preparar diferentes programas de radio.
Sentironse moitos nervios e tensión entre o alumnado pero todos o fixeron fantástico.
Viva a radio do Sensat!!!

Os nenos de infantil están comezando a traballar as poesías con diferentes contos e mirade que creacións tan marabillosas están realizando.
Por un curso de poesía!!!
Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro, fixemolo no patio cantando e recitando o poema "Airiños da miña terra" acompñadas polos músicos do cole Juanma, Jose, Rebeca e Belén.
Despois os alumnos de infantil estiveron escoitando algúns cotiños contados polas mestras sobre Rosalía de Castro
Viva Rosalía de Castro
Durante esta semana o xoves pola tarde tivemos un obradoiro de facer mascaras de entroido, no que viñeron ás familias.
Foi unha tarde diferente na biblio na que aproveitamos tamen para leer diferentes contos sobre o entroido.
BO ENTROIDO!
A edición deste ano ten como temática os nesgos de xénero en Intelixencia Artificial. A IA non é neutral: aprende dos datos que recibe e, cando estes reflicten desigualdades sociais, especialmente de xénero, os algoritmos reprodúcenas e mesmo as amplifican. Os nesgos poden xurdir en distintas fases do desenvolvemento da IA: nos datos de adestramento, nas etiquetas aplicadas por persoas, no deseño do modelo e na falta de diversidade nos equipos que o crean.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

Imaxe da ilustradora Ame Soler
Fonte: Asesoría Biblitoecas Escolares
Hoxe pola tarde tivo lugar coa mestra Carla un obradoiro pola paz, fixeron pulseiras, pombas conductoras con LED.
Foi unha tarde marabillosa na que fixemos varias manualidades pola paz.
Grazas as familias por vir a este obradoiro.
Hoxe Biblispín recibiu un gran agasallo de parte dunha familia de infantil do colexio, queremos agradecer esta gran doazón que todos os nenos do colexio van a disfrutar en todas as etapas.
Moitisimas grazas!!!
Recreos na biblio nos que aprendemos a traballar e xogamos cos compañeiros máis maiores e pequenos.
Desfrutamos moito!!!