martes, 30 de setembro de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ao longo do mes de setembro tivemos as formacións de usuarios, para profes, familias e alumnado. Con isto queremos que a comunidade educativa coñeza as normas de funcionamiento da biblio e os usos que teñen ao longo do curso escolar. 




















Imos a por este curso cheo de lecturas!!!

luns, 29 de setembro de 2025

domingo, 28 de setembro de 2025

mércores, 24 de setembro de 2025

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

 Biblispín a finais do curso pasado e principios deste antes de empezar o curso fixo unha serie de cambios na biblioteca, o primeiro foi facer un expurgo de libros que despois pasarán o piso dos maiores para que formen a súa biblioteca de aula. 


Por outra banda a maiores seguindo as recomendacións da Asesoría de Bibliotecas fixemos unha unificación dos lectores intermedios e superiores. Agora están xuntos e nas vindeiras semanas os alumnos coñecerano a medida que facemos as formacións usuarios. 

Melloramos a biblioteca día a día!!!

martes, 16 de setembro de 2025

OS EXPOSITORES DE BIBLISPÍN

Con motivo do inicio de curso Biblispín comezou a decorar os corredores con diferentes temáticas para que a lectura chegase a todos os recunchos do centro. 

Montou o expositor do PDI do cole, que este ano é "CONECTAMOS CO MUNDO" que xa o temos na entrada da escola. 

VAI SER UN ANO DE MOITA LECTURA!!!!!!!! 



luns, 1 de setembro de 2025

BENVIDA!!!

  Biblispín quere darvos a benvida a este novo curso que vai ser de MOITOS e NOVOS APRENDIZAXES. 

Estades preparados para todo o que vos agarda!

Comezamos!!!