luns, 30 de xuño de 2025

PECHAMOS O CURSO

 Rematamos otro curso moi cargado de lecturas, risas, xogos e moitos momentos de aprendizaxe, ratos individuais pero moitos momentos de traballo en equipo. 

Este ano aprendimos máis o valor da biblio como un espazo de aprendizaxe e como lugar de encontro. 

Coñecimos a novos profes que nos acompañaron este curso e tócanos despedirnos de eles con moita pena e agradecerlles todo o que nos ensinaron: Adrián, Ana (A.L), Noemí e Bea. A biblio é o cole sempre será a vosa casa vinde vernos de visita! 

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos como os anteriores que citamos que nos serviran para seguir crecendo. 

Lembrade este verán seguir lendo moito e lembrar que a lectura e a venta a todos os mundos que queiramos imaxinar. 

BO VERÁN!



mércores, 11 de xuño de 2025

PROTOTIPO INTELIXENTE DE DATOS AMBIENTAIS

 O alumnado de 2º de E.P realizou un proxecto de medición de temperatura integrando a robótica e as matemáticas para desenvolver un prototipo intelixente capaz de tomar datos ambientais.



martes, 10 de xuño de 2025

MATEMÁTICAS NO DÍA A DÍA

 Proxecto de achegamento as matemáticas na etapa de Educación Infantil.



luns, 9 de xuño de 2025

XOGOS MATEMÁTICOS

 Traballo competencial da matemáticas a través de diferentes xogos nas aulas e na biblioteca do centro.

 


domingo, 8 de xuño de 2025

PERCORRENDO ALCABRE

 Proxecto de matemáticas do alumnado de 2º de Educación Primaria integrando o robot Photon desenvolvemos unha cidade intelixente con elementos interactivos.



sábado, 7 de xuño de 2025

HUMIDADE COA MICROBIT

O alumnado de 2º de Educación Primaria mediu a humidade da terra do horto empregando as placas Microbit.

 


venres, 6 de xuño de 2025

PDI: SENTES GALICIA

 Dentro do noso PDI de centro Sentes Galicia, o alumnado de 2ºA fixo un concurso con todos os nenos do cole chamado "Coñeces as nosas verbas?


E ti as coñeces?

xoves, 5 de xuño de 2025

TEATRO REI LEÓN E DANIELA PIRATA

 Quinto e sexto participaron na XV edición das Xornadas Municipais de Teatro escolar organizado polo Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Teatro.

Non se pode escribir as dúas marabillas que levaron a cabo o alumnado de 5º e 6º, polo que vos deixamos estos vídeos que o explican perfectamente!

Noraboa aos nenos e a mestra Susana, o mestre Manu, a mestra Rebeca, a mestra Noe e a nosa auxiliar de conversa Julia polo voso traballo e esforzo. 





mércores, 4 de xuño de 2025

XARDÍN MATEMÁTICO

 Traballamos no horto analizando a súa área e o perimetro para saber cantas leitugas podemos sementar.


martes, 3 de xuño de 2025

VIDEOMAPING

 O alumnado de 2º de Educación Primaria desde a área de matemáticas realizou un traballo competencial de analise de datos da contorna de Alcabre empregando a cortadora láser de Polos Creativos tendo como produto final un videomaping.



luns, 2 de xuño de 2025

TEATRO MIGALLAS

 Grazas Migallas pola tarde tan marabillosa que nos fixeches pasar!!