xoves, 20 de febreiro de 2025

VISITA DE PAULA MERLAN

 O pasado venres a escritora Paula Merlan escritora do conto "Uxía e o mar" veu a contarnos como foi a creación do seu libro a maiores fíxonos un contacontos do mesmo. Os nenos fixeronlle uns agasallos para recibila. 



Os nenos estiveron moi atentos as súas explicacións así como a narración do conto. 


Ao remate da sesión firmoulles os libros, foi un encontro xenial


Moitas grazas Paula!!

martes, 18 de febreiro de 2025

xoves, 13 de febreiro de 2025

A PRINCESA DO COUREL

 Os nenos e nenas de 2ºA fixeron un conto de sombras coa mesa de luz e as persoaxes na cortadora láser. 

O conto chámase a "A princesa do Caurel" que representaron os demáis cursos. 

Eles foron os que crearon os diferentes protagonistas do conto. 


Foi espectacular!!!!!!


martes, 11 de febreiro de 2025

NENA E A CIENCIA

 Polo día da nena e a ciencia dende o cole fixemos diferentes expositores científicos con mulleres como protagonistas. 

Así mesmo os alumnos de 5º e 6º tiveron diferentes charlas dende Faro da Escola sobre mulleres científicas. 


A ciencia mola!!!!

luns, 10 de febreiro de 2025

RECREOS DE KORBO

 Seguimos construindo co Korbo!! 

Cantas cousas máis podemos facer traballando e investigando con el. 

luns, 3 de febreiro de 2025

CREATIVA POLA PAZ

 Durante os recreo estivemos facendo diferentes pombas luminosas para loitar.


 Por un mundo en paz!