xoves, 31 de outubro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS

 Está semana os corredores énchese diferentes decoracións terroríficas, pantasmas, cabazas, vampiros... 



Pero a nosa biblio e Biblispín encheron os expositores de lecturas moi terroríficas que dan moitísimo medo! 


Pola megafonía tamén soaron cancións terrorificas que crearon un ambiente de bastante medo!!!

Atreveste a ler e pasar un rato terrorífico

xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS NO SENSAT

 Hoxe no salón de actos do colexio engalanouse para celebrar o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"



Os alumnos de 6º fixeron unha obra teatral chamada "Canta a galega" un concurso de cancións para buscar o mellor talento.  

Canto talento temos nestes nenos! 


Biblispín fixo entrega do premio os gañadores do reto do mes de outubro na que na urna había un total de 400 páxinas: 
  • Categoría alumnado: 
    • Marta 4º: 400 páxinas
    • Maia 2ºB: 402 
  • Categoría mestres: 
    • Pily (Relixión): 427



Por outra banda entregouse as mochilas viaxeiras aos titores para comezar a viaxar polas diferentes clases!!! 


Cantas cousas para celebrar un día tan especial para todos pero máis que nadie para Biblispín!!!!

Boas lecturas e feliz curso!!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. 
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

 

mércores, 23 de outubro de 2024

PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIO

 Como todos os anos, comezamos os nosos recreos na biblio coa axuda dos grandes axudantes de 6º!!! 

Este ano vamos a sentir moito Galicia!!!

PORTAS ABERTAS 2024

 Durante a tarde de hoxe tivo lugar a nosa xa habitual formación de familias sobre a biblioteca, fixose unha pequena explicación a través dun Genially. 



Despois da explicación da biblio estiveron xogando e coñecendo os diferentes espazos. 


Así mesmo o Biblispín fixolle un agasallo as familias. 

Moitas grazas pola vosa visita!!

martes, 22 de outubro de 2024

FORMACIÓNS DE USUARIOS

Co comezo do mes de outubro fixemos as tradicionais formacións de usuarios coa novidade de que este ano axudounos moito o alumnado de 6º como voluntarios. 

Foron uns formadores excepcionais!!!




luns, 21 de outubro de 2024

E-TEXTIL NO SENSAT

 Hoxe os afillados de 2ºB de E.P coa sua mestra Ángeles fixeron un taller para presentarse os padriños de 6º.  

Clicade na imaxe para ver o taller que tiveron que facer estes artistas

Estiveron traballando moito, aprenderon a coser, ver como o fío e un material conductor e acéndese a luz e como vése nas fotos o ver o resultado final quedaron abraiados!!!














Canta creatividade!!!!

domingo, 20 de outubro de 2024

venres, 18 de outubro de 2024

PADRIÑOS E AFILLADOS 4º EP e 6º EI

Hoxe os padriños de 4º de EP coñeceron os seus afillados de 6º EI que estiveron diferentes talleres que a súa titora Beli organizou para coñecerse. 

Cantas máis actividades nos esperan este curso! 

Que encontros máis fermosos!!

martes, 15 de outubro de 2024

EXPOSITOR DÍA DAS ESCRITORAS

Biblispín fixo hoxe o seu particular homenaxe as escritoras facendo un expositor no último andar do cole onde hai unha selección de lecturas para que poidan ir lendo ao longo de este mes. 

As nenas de 5º fixeron o cartel do expositor!

Boas lecturas das nosas mellores escritoras!!!





 

15 OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS

 

 
 
 






























O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IX Edición celébrase este ano 2024  o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraton ao mundo rural".
 
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".
 
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

mércores, 2 de outubro de 2024

RETO DO MES DE OUTUBRO: CANTAS PÁXINAS HAI?

 Biblispín propon o seguinte reto, cantas páxinas hai na urna? Ao longo de todo mes poderedes participar e en novembro anunciaremos o gañador. 

Esta a urna na biblioteca ou clicando na imaxe e cubrindo o formulario!! 

Moita sorte!! 

martes, 1 de outubro de 2024

APERTURA DA BIBLIO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA


BENVIDOS A BIBLIOTECA, LEAMOS, XOGUEMOS E DESFRUTEMOS!!!!!