mércores, 26 de xuño de 2024

PECHAMOS O CURSO

 Rematamos otro curso moi cargado de lecturas, risas, xogos e moitos momentos de aprendizaxe, ratos individuais pero moitos momentos de traballo en equipo. 

Este ano aprendimos máis o valor da biblio como un espazo de aprendizaxe e como lugar de encontro. 

Coñecimos a novos profes que nos acompañaron este curso e tócanos despedirnos de eles con moita pena e agradecerlles todo o que nos ensinaron: Paula, Ana, Rosa, Ana, Ana (A.L), Noemí e Óscar. A biblio é o cole sempre serán a vosa casa vinde vernos de visita! 

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos como os anteriores que citamos que nos serviran para seguir crecendo. 

Lembrade este verán seguir lendo moito e lembrar que a lectura e a venta a todos os mundos que queiramos imaxinar. 

BO VERÁN!

martes, 25 de xuño de 2024

venres, 14 de xuño de 2024

REMATAMOS O NOSO PDI: ARTELLANDO O PDI

 Rematamos o noso PDI Artellando en todos os aspectos, así un curso de aprender moito arte e velaiquí o resultado. 

Creamos unha gran galería de arte no corredor do colexio que estivemos traballando en ARTS. 


Artellamos as nosas emocións dende a asignatura de valores en Educación Infantil. 





E buscamos a arte nas rúas da nosa cidade, que esta chea de murais. 


Foi un curso de moito artellar!!! 

mércores, 12 de xuño de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

O pai de Chloe contóunos o conto de “Leotolda”


A continuación debuxamos a nosas Leotolda. 


Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!

sábado, 1 de xuño de 2024

NOS RECREOS, TOMAMOS O SOL

 Biblispín decidiu que durante este mes de xuño quere que desfrutemos do sol, polo que decidiu pechar a biblio nos recreos!

Polas tardes segue aberta con total normalidade en horario de 16:00 a 17:30.

Biblispín quedou encantando coa gran acollida que tivo a biblio nos recreos, para o ano moito máis e millor! 

Agradecer os voluntarios de 5º e 6º a súa axuda.

Desfrutade do bo tempo!!!