xoves, 22 de decembro de 2022
TRIPTICO DE NADAL

VISITA DE PAPA NOEL
Despois das badaladas recibimos a especial visita de Papa Noel e o seu Elfo que deunos uns agasallos que trouxo dende o Polo Norte e que fíxonos moitísima ilusión.
Quedamos encantados e moi pendentes da súa chegada o día 24 ás nosas casas.
Os alumnos de 6º como axudantes de Biblio foron quen de abrir os agasallos que trouxo .
Que teñades todos un feliz e Bo Nadal, bicos picóns!!!
ACTUACIÓNS DE NADAL
Antes da festa de fin de ano os alumnos de 6º coa profe Rebeca interpretaron unha panxoliña con diferentes instrumentos de vento e percusión.
Os alumnos de 5º fixeron un baile en Hip - Hop que practicaron durante as horas de E.F co profe Miguel xunto con Deporte Escolar.
Para rematar antes de dar comezo as badaladas todos os alumnos do colexio interpretaron en Inglés unha panxoliña dirixida pola profe Nuria.
Que ben o pasamos e canto cantamos.
ALGO ACONTECERÁ...
A volta das vacacións algo acontecerá co libro que veredes a continuación.
Biblispín recomendavós que fagades unha lectura sobre él no que se conta a vida e obra dunha grandisima escritora da nosa literatura.
NON HAI FRONTEIRAS
Onte os alumnos de 4º explicaron a todo o colexio a historia de superación de Jessica Cox, unha piloto de avión ao que lle faltan as extremidades e aínda así para ela:
Non hai ningún tipo de fronteiras para conseguir todo o que se propoña.
Aprendimos moito e comprendimos que todo e posible con interés e tesón.
NON HAI FRONTEIRAS PARA O BAILE
Os alumnos de 5º en colaboración con Deporte Escolar, o seu profe Miguel, Rebeca e Biblispín tiveron unhas sesións de baile de Hip-Hop.
Foi toda unha experiencia na que aprendimos moito sobre esta forma de bailar.
mércores, 21 de decembro de 2022
luns, 19 de decembro de 2022
VISITA A BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
Os alumnos de 2º visitan a biblioteca Xosé Neiras Vila.
Foi unha actividade moi entretida e amena, gustounos moito!!!
VISITA A BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
Os alumnos de 1º visitan a biblioteca Xosé Neiras Vila.
venres, 16 de decembro de 2022
MIRA A QUE VIÑA...
Despois de días tratando de averiguar que nos deparaba Biblispín con ese duendecillo descubrimos que o que nos tiña preparado como sorpresa era un....
OBRADOIRO DE NADAL!!!!
Que ben o pasamos a próxima semana seguiremos!!!!!