venres, 17 de outubro de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS
LER CON
ARTE
Estimadas familias:
De novo o Equipo da Biblioteca Escolar solicita a vosa
colaboración para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de Outubro).
Queremos
facer un CONCURSO DE CARTEIS que anuncien a nosa Biblioteca Escolar e que
contribúa ao fomento da lectura a través de mensaxes visuais que estimulen o
hábito lector
Contamos
coa colaboración de tod@s as familias. Podedes
utilizar todo tipo de técnicas e materiais:pintura de témpera, collage...
Sabemos
que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante.
Data
límite de entrega dos traballos :MARTES 21 de Outubro
Entrega
de Premios.Venres 24 de Outubro
Lugar:Salón
de actos
MOITAS
GRAZAS
luns, 6 de outubro de 2014
BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)