Cóntoche que María Menéndez-Ponte está a maior parte do tempo nos biosbardos. Si, si como o oes, desde cativa, en canto se descoidaba, o seu cerebro empezaba a idear historias,números de circo e unha chea de aventuras.Pero esa imaxinación serviulle para escribir libros marabillosos.
Hai pouco recibiu o premio Cervantes Chico, un dos máis importantes da literatura infantil
mércores, 30 de xaneiro de 2013
mércores, 23 de xaneiro de 2013
COPLAS POLA PAZ
Día Escolar da Paz e a Non Violencia, en memoria de Mahatma Gandhi.Estes
días dialogamos especialmente sobre o tema,
ambientamos o noso colexio,aprendemos cancións…
Este ano para
celebra r o día da PAZ os
nenos/as do Javier Sensat cantarán en vivo e en directo unhas bonitas coplas
que se traballarán nas aulas ao longo deste mes. Coplas pola PAZ que nos
axudarán a reflexionar a maneira de ser mellores persoas e facer un mundo
mellor para tod@s (Celebración:día 31 de XANEIRO).
luns, 21 de xaneiro de 2013
FINA CASALDERREY ACADÉMICA ELECTA DA RAG
FINA CASALDERREY
O curso pasado visitounos unha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole achegamonos a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutamos moitísimo coa súa presenza.
Fina Casalderrey(Pontevedra 1951) será a primeira autora de literatura infantil e xuvenil(LIX) que terá cadeira na Real Academia Galega.
Hoxe celebramos o seu ingreso na REAL ACADEMIA GALEGA(RAG).
NORABOA FINA. Estamos orgullosos de coñecerte!!!
martes, 15 de xaneiro de 2013
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un calendario para este ano 2013 con datas importantes, aniversarios,conmemoracións...relacionadas co mundo do libro e da lectura

xoves, 10 de xaneiro de 2013
COMEZA 2.013
Comezamos con moitas ganas un novo ano, 2013 cheo de novidades.
Seguimos a traballar o noso tema: "LENDAS...HABELAS, HAINAS!!!"con novas propostas moi interesantes.Vos esperamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)