xoves, 28 de novembro de 2024

OS NENOS DE 3 ANOS COÑECEN A 3D

  Hoxe os nenos de 3 anos descubriron como Biblispín está facendo os adornos na impresora 3D! 


Menudo descubremento!!

martes, 26 de novembro de 2024

25-N: DIA CONTRA A NON VIOLENCIA

 Ao longo de esta semana estivemos traballando diferentes tipos de libroS sobre o 25-N


fIXEMOS UN MURAL CUN MONTON DE FLORES REIVINDICANDO que a violencia non pode existir



os nenos de 2ºb estiveron facendo unha comprensión lectora sobre o 25-n con Alicia como protagonista


e NA MEGAFONÍA SOARON CANCIÓNS SOBRE O 25-N


por un mundo sin violencia sobre a muller!!!!

luns, 25 de novembro de 2024

EXPOSICIÓN DA CIENCIA

 O que teñen as ilusións ópticas, non parecen o que realmente son, canto aprendimos este mes da ciencia!!!

Alucinamos co resultado!!! 









xoves, 21 de novembro de 2024

CONTACONTOS MUSICAL

 A profe Rebeca fíxonos un contacontos musical pola tarde, foi chulisimo e pasámolo moi ben!! 

Moitas grazas profe, estamos esperando polo próximo!! 

COÑECENDO A 3D

 Os nenos e nenas de 2ºA estes días estiveron coñecendo como funciona a impresora 3D e como primeiro paso puxerona en marcha e viron como traballaba. 


Velaiquí as primeiras produccións

Quedaron abraiados co resultado

mércores, 20 de novembro de 2024

PRIMEIRAS TOMAS DE CONTACTO COA 3D

 Estes días coa chegada da impresora 3D os mestres dos cole están aprendendo ver como funciona, polo que comezaron as primeiras impresións. 

Que cousas máis chulas saldrán de ahí!!

martes, 19 de novembro de 2024

luns, 18 de novembro de 2024

COÑECENDO O NOSO CORPO

 A través das camisetas 3D os nenos e nenas de 2ºA comezaron a coñecer o seu corpo visualizando como é por dentro. 

Estaban abraidos vendo como era o seu corpo por dentro. 

O corpo mola moito!!!



domingo, 17 de novembro de 2024

RECREOS DE CLIXO

 Menudos artistas temos como alumnos, estes días desde que chegou o clixo no paran de facer unhas figuras impresionantes. 
















Menudos enseñeiros temos no cole! 

sábado, 16 de novembro de 2024

NOVIDADES EN MAIÚSCULAS

 Libros de lectura para primeiros escritores canto vamos ler!!!


venres, 15 de novembro de 2024

EXPOSITOR MES DA CIENCIA

 O 1 de novembro na última planta do cole Biblispín fixo unha aula creativa, para conmemorar o mes da ciencia. 

Hai diferentes libros do apartado 5 da CDU que abrangue todo o relativo as Ciencias. Trouxo diferentes libros de textos nos que fai un repaso dende a EXB ata actualidade como as ciencias eran: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Coñecemento do medio... 


Velaiquí o resultado para un mes fantástico sobre todo un mes moi científico!!!!!  

xoves, 14 de novembro de 2024

VISÍTANOS A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS

 Hoxe visitaronnos dúas asesoras da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

 Tivemos a oportunidade de darlle a coñecer os recursos dosque dispoñemos ,as instalacions ,os fondos bibliográficos...

Estamos moi agradecidos por esta visita xa que supón un recoñecemento ao noso traballo. 

Seguiremos traballando a prol da biblioteca


* Na imaxe tendes o enlace o instagram da Asesoría de Bibliotecas onde publicaron as fotos. 

mércores, 13 de novembro de 2024

APRENDIZAXE A TRAVÉS DE METODOLOXÍA ACTIVAS

 O curso pasado as nosas mestras Ángeles e Ana levaron a acabo unha aprendizaxe a través da figura de Jumanji usando diferentes estacións, que foi publicado na Revista dixital EDUGA. 

Os nenos aprenderon moito e Biblispín quere darlles a noraboa por levar a cabo este traballazo!! 


* Na imaxe tendes o elance a revista

Noraboa compis!! 

luns, 11 de novembro de 2024

TRABALLOS SOBRE OS REINOS EN CIENCIAS NATURAIS

 Os nenos de 5º durante estas semanas están preaparando unhas exposicións sobre os diferentes reinos, para expoñelas despois. 


Que cousas máis chulas saldrán de ahí!!

venres, 8 de novembro de 2024

A ARQUITECTURA DOS NOSOS ALUMNOS...

 Os nosos alumnos dende que traballan co Kapla fan unhas construcción sorprendentes, hai verdadeiras competicións para poder xogar con el!


Seguiremos producindo!!

Vaia cousas máis abraiadoras teñen feito!!!!

xoves, 7 de novembro de 2024

NOVIDADES NA BIBLIO

 Chegaron todas estas novidades para comenzar a sair a ler as diferentes casa!! 

Canto viaxaran estes libros e canto aprenderan estes nenos!!

Felices lecturas!!

mércores, 6 de novembro de 2024

APADRIÑAMENTOS EI 4º E 5º CON 3º

 Hoxe os padriños de 3º de EP coñeceron os seus afillados de 4º e 5º EI que fixeron unha castañeira de follas, para seguir traballando o outono coa axuda das súas mestras Maribel, Belén e Carla. 

Cantas actividades nos esperan este curso! 

Que encontros máis fermosos!!

sábado, 2 de novembro de 2024

RETO DO MES DE NOVEMBRO

 O equipo de biblio ten preparado un reto para este mes de novembro!!! 

Vendo a imaxe que credes que pode ser? 

Estamos espectantes por sabelo!!!

venres, 1 de novembro de 2024

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

 


"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse 

nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento 

do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e 

eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso 

progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo 

tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e 

da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas 

bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só. 

Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".

  

Felipe Criado-Boado 


Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.  Foi Premio nacional de investigación 2023.

 O manifesto para este ano 2024 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.

 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.