venres, 24 de outubro de 2025

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS: "A MELLOR SOPA DO MUNDO"

 Pola tarde para as familias a profe de Música, fixo un contacontos sobre o conto "A mellor sopa do mundo". 

Foi un exitazo, ás familias encheron a biblio e desfrutaron o acabar dunha sesión de xogos. 






Moitas grazas familias por este día das bibliotecas!!! 

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: VISITA ESPECIAL

Hoxe que celebrase o día das Bibliotecas Escolares, queremos agradecer a visita do Conselleiro Román Rodríguez, Judith Fernández (Xefa de Innovación Educativa), César Pérez (Director territorial), Pedro Areal (Inspector do centro) e Isabel Nuevo (Asesoría de Bibliotecas). 

Con isto como centro e Equipo de Biblioteca queremos agradecer esta visita como un recoñecemento a gran labor e traballo que como centro faise en prol da biblioteca. 

Pero os protagonistas deste día foron os nenos e nenas de 6º que fixeron unha representación espectacular do libro"Corre, corre, cabaciña" 

Estas actividades fanse sobre todo por e para os nosos alumnos e as familias, sen eles non seríamos capaces de facelo. 

Agradecemos tamen os agasallos de libros que nos trouxeron, Biblispín está moi contento con eles. 





Moitas grazas a todos os alumnos e os mestres do cole!!

PROGRAMACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Adxuntamos o programa do día das bibliotecas. 



FELIZ DÍA PARA TODOS!

mércores, 22 de outubro de 2025

ACTIVIDADE DO DÍA DAS ESCRITORAS

 O alumnado de Primaria estivo realizando actividades en relación ás escritoras, neste caso as galegas, polo que o que tiveron que facer foi buscar libros na biblioteca para despois facer unha búsqueda de información a través das TIC's. 



Canto aprendimos!

luns, 20 de outubro de 2025

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2025

  •  Venres 24 de outubro de 2025.
  • Biblioteca do Javier Sensat
  • Ás 16:15

domingo, 19 de outubro de 2025

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Comezamos coas presentacións dos padriños e afillados, neste caso son os de 3º e EI 5 anos que fixeron unha actividade traballando a Competencia STEAM e unha celebración terrorífica SAMAÍN.

Clicade na imaxe para velo



Canto terror!!!

venres, 17 de outubro de 2025

LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2025

 


Un curso máis abrímoslle a porta á creatividade nas bibliotecas escolares, deste volta a través do deseño. O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil. 

O deseño gráfico que atopamos desde a orixe dos tempos da escrita e que hoxe en día se espalla a través de aplicativos dixitais. Unha oportunidade para crear desde as bibliotecas do hoxe e do futuro, tecendo desde a nosa propia historia, coas referencias imprescidibles das editoriais Nós ou Castrelos, do Laboratorio de Formas e Ediciós do Castro… e de mestres do cartelismo como Xosé Vizoso. 

Propoñemos mirar os libros desde a súa orixe, coñecer o proceso da edición, da composición, da escolla de tipos, papeis, cubertas e encadernacións, da revisión da maqueta e da difusión… e coñecer as persoas que forman parte dese mundo da edición e do deseño gráfico. 

Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.
 
O cartel que Desescribir nos ofrece para este curso é unha porta aberta a esa creatividade a partir da raíz: o alfabeto e as infinitas posibilidades que permite a partir dunha sinxela pauta. Sumémoslle deseño ás bibliotecas escolares e enrolémonos nesta viaxe á creatividade! 


Fonte: Asesoría de bibliotecas

xoves, 16 de outubro de 2025

EXPOSITOR DÍA DAS ESCRITORAS

 Este ano con motivo do día das escritoras Biblispín mezclou o Samaín co día das escritoras dando este resultado tan terrorífico. 

Queremos resaltar unha frase dunha escritora Galega para conmemorar este día: 

    “Os sentimentos non os eliximos véñensenos, se crían como a maleza que ninguén planta e que asolaga a terra.” Emilia Pardo Bazán

mércores, 15 de outubro de 2025

ÚLTIMAS NOVIDADES

 Últimas novidades que trouxo Biblispín para os seus rapaces!!!!




Boas lecturas!!!!

martes, 14 de outubro de 2025

ANIMAIS, OS COÑECEMOS?

 Previa a celebración do mes da ciencia, dentro de esta están as Ciencias da Natureza e por ende os animais.

 Polo que coñecemos a forma de vida de diferentes insectos,anfibios e reptiles grazas a Carlos que nos trouxo ao cole uns exemplares e explicounos algunhas curiosidades sobre eles. 













Foi unha experiencia animalítica, canto aprendimos!!!!

sábado, 11 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS 2025

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.



Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".
 
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Na selección de textos en galego a transcrición dos distintos fragmentos decidiuse manter a ortografía da escrita orixinal previa ás convencións derivadas das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1983. Alén de ser unha mostra da literatura do momento, é tamén un reflexo das dificultades que comportaba escribir nunha lingua que carecía dunhas normas ortográficas e morfolóxicas estables.
 
Vaia con esta escolma o noso agradecemento e recoñecemento a estas dez autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura. 

 

mércores, 1 de outubro de 2025

EXPOSITORES TERRORÍFICOS

 Ao longo deste mes de outubro Biblispín fixo os terroríficos expositores de Halloween/Samaín. Velaiquí están os expositores de medo que fixo.


Vai ser un mes de moito medo!!! 

martes, 30 de setembro de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Ao longo do mes de setembro tivemos as formacións de usuarios, para profes, familias e alumnado. Con isto queremos que a comunidade educativa coñeza as normas de funcionamiento da biblio e os usos que teñen ao longo do curso escolar. 




















Imos a por este curso cheo de lecturas!!!

luns, 29 de setembro de 2025

domingo, 28 de setembro de 2025

mércores, 24 de setembro de 2025

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

 Biblispín a finais do curso pasado e principios deste antes de empezar o curso fixo unha serie de cambios na biblioteca, o primeiro foi facer un expurgo de libros que despois pasarán o piso dos maiores para que formen a súa biblioteca de aula. 


Por outra banda a maiores seguindo as recomendacións da Asesoría de Bibliotecas fixemos unha unificación dos lectores intermedios e superiores. Agora están xuntos e nas vindeiras semanas os alumnos coñecerano a medida que facemos as formacións usuarios. 

Melloramos a biblioteca día a día!!!

martes, 16 de setembro de 2025

OS EXPOSITORES DE BIBLISPÍN

Con motivo do inicio de curso Biblispín comezou a decorar os corredores con diferentes temáticas para que a lectura chegase a todos os recunchos do centro. 

Montou o expositor do PDI do cole, que este ano é "CONECTAMOS CO MUNDO" que xa o temos na entrada da escola. 

VAI SER UN ANO DE MOITA LECTURA!!!!!!!! 



luns, 1 de setembro de 2025

BENVIDA!!!

  Biblispín quere darvos a benvida a este novo curso que vai ser de MOITOS e NOVOS APRENDIZAXES. 

Estades preparados para todo o que vos agarda!

Comezamos!!!



domingo, 31 de agosto de 2025

DESPEDIMOS A NOSA MESTRA

 Este curso que finaliza despedimos con moita mágoa a nosa compañeira e amiga Marta gran precursora da nosa biblioteca. 

Cabe destacar que foi a creadora de este blogue que os demáis mestres continuamos con moito agarimo pero sen ela non existiría

Finaliza a súa etapa como mestra e agora despois de trinta e cinco anos tócalle descansar e facer todas esas cousas que tanto lle gustan. 

Desfruta moito de esta nova etapa imoste botar de menos!!!!

luns, 30 de xuño de 2025

PECHAMOS O CURSO

 Rematamos otro curso moi cargado de lecturas, risas, xogos e moitos momentos de aprendizaxe, ratos individuais pero moitos momentos de traballo en equipo. 

Este ano aprendimos máis o valor da biblio como un espazo de aprendizaxe e como lugar de encontro. 

Coñecimos a novos profes que nos acompañaron este curso e tócanos despedirnos de eles con moita pena e agradecerlles todo o que nos ensinaron: Adrián, Ana (A.L), Noemí e Bea. A biblio é o cole sempre será a vosa casa vinde vernos de visita! 

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos como os anteriores que citamos que nos serviran para seguir crecendo. 

Lembrade este verán seguir lendo moito e lembrar que a lectura e a venta a todos os mundos que queiramos imaxinar. 

BO VERÁN!



mércores, 11 de xuño de 2025

PROTOTIPO INTELIXENTE DE DATOS AMBIENTAIS

 O alumnado de 2º de E.P realizou un proxecto de medición de temperatura integrando a robótica e as matemáticas para desenvolver un prototipo intelixente capaz de tomar datos ambientais.



martes, 10 de xuño de 2025

MATEMÁTICAS NO DÍA A DÍA

 Proxecto de achegamento as matemáticas na etapa de Educación Infantil.



luns, 9 de xuño de 2025

XOGOS MATEMÁTICOS

 Traballo competencial da matemáticas a través de diferentes xogos nas aulas e na biblioteca do centro.

 


domingo, 8 de xuño de 2025

PERCORRENDO ALCABRE

 Proxecto de matemáticas do alumnado de 2º de Educación Primaria integrando o robot Photon desenvolvemos unha cidade intelixente con elementos interactivos.



sábado, 7 de xuño de 2025

HUMIDADE COA MICROBIT

O alumnado de 2º de Educación Primaria mediu a humidade da terra do horto empregando as placas Microbit.

 


venres, 6 de xuño de 2025

PDI: SENTES GALICIA

 Dentro do noso PDI de centro Sentes Galicia, o alumnado de 2ºA fixo un concurso con todos os nenos do cole chamado "Coñeces as nosas verbas?


E ti as coñeces?

xoves, 5 de xuño de 2025

TEATRO REI LEÓN E DANIELA PIRATA

 Quinto e sexto participaron na XV edición das Xornadas Municipais de Teatro escolar organizado polo Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Teatro.

Non se pode escribir as dúas marabillas que levaron a cabo o alumnado de 5º e 6º, polo que vos deixamos estos vídeos que o explican perfectamente!

Noraboa aos nenos e a mestra Susana, o mestre Manu, a mestra Rebeca, a mestra Noe e a nosa auxiliar de conversa Julia polo voso traballo e esforzo. 





mércores, 4 de xuño de 2025

XARDÍN MATEMÁTICO

 Traballamos no horto analizando a súa área e o perimetro para saber cantas leitugas podemos sementar.


martes, 3 de xuño de 2025

VIDEOMAPING

 O alumnado de 2º de Educación Primaria desde a área de matemáticas realizou un traballo competencial de analise de datos da contorna de Alcabre empregando a cortadora láser de Polos Creativos tendo como produto final un videomaping.



luns, 2 de xuño de 2025

TEATRO MIGALLAS

 Grazas Migallas pola tarde tan marabillosa que nos fixeches pasar!! 












luns, 19 de maio de 2025

IV CONCURSO DE RELATO

 Como todos os anos o EDLG xunto coa biblioteca fixo o seu concurso de relato curto en Galego este ano tivo moita participación como pódese ver nas fotos. 

O ano que ven máis. Boas lecturas e escrituras!!!

venres, 16 de maio de 2025

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 Como todos os anos o noso cole engalanouse para levar a cabo o xa tradicional festival das letras galegas no salón de actos. 

Fixemos unhas pandereitas na impresora 3D de homenaxe. 

Foi un día de moita lingua. 

luns, 5 de maio de 2025

TEATRO MIGALLAS

  Adíouse o Teatro Migallas para o luns 2 de xuño, por mor do apagamento do 28 de abril de 2025. 


Esperamos contar con vos. 
NON FALTEDES!!!

sábado, 3 de maio de 2025

CELEBRAMOS OS MAIOS

 Coa chegada do mes de Maio o mércores dende o cole e en relación co PDI do centro levamos a cabo un maio. 

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º foron cos seus pais ao monte a buscar xestas, fiunchos, flores, para poder levar a cabo o maio. 

O resultado foi espectacular e para rematar cantamos unha canción de Rosalía para animar mentres facemos o maio. 


VIVAN OS MAIOS!!!


venres, 2 de maio de 2025

ESCOLMA DE CONTOS DÍA DO ACOSO





 

2 DE MAIO DÍA DO ACOSO ESCOLAR

 Hoxe celebrase o día contra o acoso escolar, se clicades na imaxe de abaixo veredes un video resumo do sentimento dunha victima de acoso para poñernos no seu lugar! 





POR UN MUNDO SEN PREXUICIOS!!! 

STOP ACOSO!!!!