venres, 27 de marzo de 2026

VISITA EVA MEJUTO FARO DA ESCOLA

  Encontro da escritora Eva Mejuto co alumnado de 3° e 4° de E.P. co libro "Queco e Kika"


Moitas grazas pola túa visita!!!

xoves, 26 de marzo de 2026

mércores, 25 de marzo de 2026

AS ONDAS DO SENSAT COMEZAN

Os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron o seu primeiro podcast na radio do cole sobre o conto da toupiña que quixo saber quen lle fixerá aquilo na cabeza. 


Clicade na imaxe para escoitar esta maravilla


O resultado foi impresionante! 

martes, 24 de marzo de 2026

8M: MULLERES QUE ROMPEN BARREIRAS

  O alumnado de 5 anos recibiu a visita da nai dun dos seis compañeros que é hematóloga e que lles explicou como é o seu traballo con motivo do 8M


luns, 23 de marzo de 2026

8M: MULLERES QUE ROMPEN BARREIRAS

O alumnado de 4° e 6° de educación primaria recibiron a visita dunha nai adicada a enxeñeria dunha industria farmacéutica con motivo do mes adicado ao 8M




sábado, 21 de marzo de 2026

8M: MULLERES QUE ROMPEN BARREIRAS

  Hoxe a nai de Iris e Alma viñeron a contarnos a súa profesión como odontologas. Estivemos moi atentos e aprendimos moito en relación a profesión dental. 


Moitas grazas!!! 

venres, 20 de marzo de 2026

CONECTAMOS CO MUNDO: AS REGUEIFAS

Dentro do noso PDI: Conectamos co mundo!, facemos un obradoiro de Regueifas con Pinto e Herbón do Concello de Vigo. 




xoves, 19 de marzo de 2026

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIO

 Grazas profe Rebeca pola tarde tan musical e animosa que fixeches onte onde pais e nenos desfrutaron moito. 


Moitas grazas con ganas do seguinte!! 

mércores, 18 de marzo de 2026

8M: MULLERES QUE ROMPEN BARREIRAS

 O alumnado de 3 anos e de 1° de educación primaria recibiu a visita dunha nai psicóloga no CSIC.



martes, 17 de marzo de 2026

17 DE MARZO DIA DO CÓMIC

 O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.

A autora do cartel do Día do Cómic 2026 foi Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025.

O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano pasado unha publicación para celebrar esta data: Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas.




luns, 16 de marzo de 2026

venres, 13 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA

 O alumnado do cole estivemos traballando sobre a prensa ao longo de esta semana e comezamos a practicar sobre o faro da escola e escribimos na súa plantilla. 



A prensa informanos día a día!!! 

domingo, 8 de marzo de 2026

8-M DÍA DA MULLER

 Para celebrar o 8-M os nenos e nenas do cole estiveron facendo un mural de bolboretas para visibilizar ás liberdades da muller. 


Tamén no patio cuberto de infantil fixemos unha exposicións das mulleres máis influintes galegas e castelás cos fermosos carteis feitos pola diseñadora Mans de Ouro.


Por último e como é costume dentro do proxecto "As bandas sonoras do Sensat" na megafonía soaron cancións reivindicativas de mulleres. 



Por un 8M en liberdade da muller. 

mércores, 4 de marzo de 2026

APRENDEMOS CIENCIA A TRAVÉS DAS MATEMÁTICAS

  O outro dia o alumnado de 5º y 6º subiron a universidade para seguir coa súa aprendizaxe a través de contacho as matemáticas. 


martes, 3 de marzo de 2026

ROTEIRO MATEMÁTICO A TRAVÉS DAS TIC'S

Aprendemos mates e reforzamos conceptos a través das TIC's aproveitando os grandes espazos verdes que ten o noso centro.